Lupe Murillo: "Creo que nos mereciamos estar en Primeira RFEF, xa o ano pasado"

Por Diego Espiño
O ascenso do Pontevedra Club de Fútbol, aínda que non sexa matemático, é unha certeza só a falta da última xornada de liga, ao ter que remontar o Unión Adarve 15 goles no diferencial para poder adiantar aos granates. Con todo "estamos a gozar contenidamente, eu máis que ninguén", asegurou tras o encontro a presidenta da entidade, Lupe Murillo.
Non é que non fose unha alegría enorme ou mesmo un alivio, pero é que "para min o do ano pasado, que fixeramos un plantel con Charles, con Rufo... agardabamos que a Primeira RFEF fose nosa. Torceuse todo e ao final non chegamos, así que isto é como a devolución. Creo que nos mereciamos estar en Primeira RFEF, xa o ano pasado", reiterou a dirixente.
Murillo recoñeceu que "se pasa mal ata que acaba o partido", revelando que o plantel "están contentos, ilusionados, preguntábanme se podían celebrar algo. Evidentemente vano a facer, algún me dixo vou emborrachar, está autorizada a celebración pero evidentemente imos esperar ao partido contra o Palencia que será cando certifiquemos oficialmente o ascenso".
A presidenta granate agradeceu tamén o gran apoio recibido desde as bancadas de Pasarón, con case 9.000 espectadores, xa que "cando se lles chama veñen, e viñeron hoxe" demostrando que "Pontevedra é unha cidade de fútbol e do deporte en xeral. E de sentimento os pontevedreses sentimos moi dos noso, e o Pontevedra é o equipo de todos, que é un pouco o que quixen trasladar desde que cheguei ao club".
Entre todos eles destacaba a importante presenza de xóvenes afeccionados. "É certo que fixemos unha política de prezos de acceso moi fácil, de nenos vide todos a Pasarón e animáronse. Estamos a ver en moitos campos de fútbol que cada vez hai menos xente nova. Esta política de abrir as portas aos nenos é tentar enganchar xente nova que veña a apoiarnos cada domingo", asegurou.
Por último, cuestionada sobre se Ángel Rodríguez seguirá a próxima tempada no cargo de adestrador do equipo tras cumprir o obxectivo, Lupe Murillo revelou que "foi unha tempada tan rara que de momento non se falou con absolutamente ninguén". Desta forma non sentarán a planificar ata o final de liga, xa que "espero que cando se acabe algo se empezo co seguinte, e aquí non acabaramos nada".
Relacionadas:
-
Lupe Murillo: "As contas tras a pandemia rompen o ciclo de superávit que trae este Consello de Administración"
Por Diego Espiño |
-
Semana de celebracións para o Pontevedra antes de iniciar as vacacións
Por Diego Espiño |
-
A continuidade de Ángel Rodríguez no banco está no aire pese ao ascenso
Por Manu Otero |
-
A Praza do Teucro, epicentro dunha celebración polo ascenso que se prolongou durante horas
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
As redes sociais énchense de felicitacións ao Pontevedra polo seu ascenso
Por Redacción |
-
FOTOS.- Búscate nas imaxes do ascenso do Pontevedra a Primeira RFEF vivido en Pasarón
Por Cristina Saiz |
-
FOTOS.- Búscate nas imaxes do ascenso do Pontevedra a Primeira RFEF vivido en Pasarón
Por Cristina Saiz |
-
Lores felicita o Pontevedra polo seu ascenso: "O Pontevedra merece estar máis arriba"
Por Diego Espiño |
-
Álex González: "Foi unha tempada dura pero confiamos no que fixemos no campo"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Lupe Murillo: "Creo que nos mereciamos estar en Primeira RFEF, xa o ano pasado"
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez: "A afección alentounos para conseguir cousas positivas, remar con forza e conseguir o ascenso"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
VÍDEO.- Así festexaron o plantel e a afección do Pontevedra o ascenso a Primeira RFEF no céspede de Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Pasarón festexa o ascenso 'virtual' do Pontevedra tras un sufrido empate contra o Salamanca (1-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |