A 'marea granate', rumbo a Palencia para celebrar de novo o ascenso a 1ª RFEF
Por Alejandro Espiño
Lonxe de esgotar as celebracións, a afección do Pontevedra Club de Fútbol prevé acompañar ao equipo no último partido da tempada, o que disputará o vindeiro domingo 15 maio, ás 12:00 horas, en Palencia, no que certificará oficialmente o seu ascenso a 1ª RFEF.
Así, para este encontro contra o CD Palencia Cristo Atlético, o club dispuxo un autobús, cortesía de Construcións Ramírez, para viaxar ata o Estado Nova Balastera.
Haberá 55 prazas dispoñibles neste autobús gratuíto. Os interesados, que se poderán anotar desde as nove da mañá deste martes, terán que pagar 12 euros pola entrada.
No caso de afeccionados entre 4 e 14 anos, só deberán abonar 5 euros e os menores de 4 anos poderán acceder gratis ao campo palentino.
O autobús sairá de Pontevedra as 4:30 horas da madrugada do sábado ao domingo, desde o Pavillón Municipal de Deportes, e regresarán a Galicia ao remate do encontro.
Relacionadas:
-
O Pontevedra certifica o seu ascenso a Primeira RFEF cun empate en Palencia (1-1)
Por Almu Dapena |
-
A afección granate enche un autobús en 48 horas para certificar o ascenso en Palencia
Por Manu Otero |
-
A Praza do Teucro, epicentro dunha celebración polo ascenso que se prolongou durante horas
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Álex González: "Foi unha tempada dura pero confiamos no que fixemos no campo"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
VÍDEO.- Así festexaron o plantel e a afección do Pontevedra o ascenso a Primeira RFEF no céspede de Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Pasarón festexa o ascenso 'virtual' do Pontevedra tras un sufrido empate contra o Salamanca (1-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |