Festival de goles na Raña entre un Marín salvado e un Majadahonda loitando pola permanencia (3-4)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena
Coa salvación xa en bandexa, pouco xogábase o Marín Futsal no partido celebrado na Raña este sábado ante o Raio Majadahonda que, en cambio, necesitaba unha vitoria máis que urxente na súa loita pola permanencia.
Saíu a por todas o cadro visitante, que tentou equilibrar o mesmo ímpeto que as de Marín para sacar algún beneficio. De feito, foi o Raio o que avisou primeiro cun remate ao pau de Pitxi, pero en cambio foron as de Manu Cossío as que se adiantaron cun disparo afastado de Ceci aos seis minutos de xogo.
Ao pouco tempo reaccionou o cadro madrileño cun tanto de Anacriss, que rematou en boca de gol un remate desde fóra da área de Vero.
Co empate no luminoso volveu ao ataque o Marín Futsal para, a cinco do descanso, volver adiantarse cun gol de Café, que recibiu de Ceci para, nun un contra un, superar a Montull.
O festival de goles estaba servido e aínda non terminara, xa que a tres de finalizar o primeiro tempo, as visitantes volvían igualar cun gol en propia meta de Pau despois dun tiro da o pau de Feijoo e o seu posterior remate de Vero.
Co empate a 2 comezou a segunda parte e con ela un alto ritmo que se sucedía da mesma forma para ambos os equipos. Pero unha vez máis foi o cadro local o que se volveu a adiantar cunha xogada persoal de Ceci, que disparou desde fóra da área para aloxar o esférico na escuadra da portería.
E ata aí chegou todo para o Marín, ao que a arrancada final do rival provocou outro erro nun pase para que Feijoo, tras boa combinación con Anacris, anotase ao segundo pau o 3-4 final.
Houbo tempo tras o gol para que o Marín optase polo xogo de cinco e así dar a volta ao partido, pero foi o Raio o que gozou das mellores ocasións. Primeiro Pitu estrelou o balón no pau a porta baleira e logo Chili víase nas mesmas que a súa compañeira, incapaz de mover máis o marcador.
MARÍN FS (3): Antía, Café, Pau, Ceci e María León (quinteto inicial). Tamén xogaron, Adriana, Gaby, Lu, Inés Mayán, Dani Fleitas e Mar.
RAIO MAJADAHONDA (4): Montull; Moni, Pitu, Pitxi e Cels (quinteto inicial). Tamén xogaron, Andrea Feijóo, Vero, Marta, Anacris e Chili.
Goles: 1-0, min. 6 Ceci. 1-1, min. 8 Anacriss. 2-1, min. 15 Café. 2-2, min. 17 Pau (propia porta). 3-2, min. 25 Ceci. 3-3, min. 27 Pitu. 3-4, min. 29 Andrea Feijóo
Incidencias: A Raña. Colexiados, Javier Menéndez Nistal e Pablo Coello Martínez. Amoestaron a Chili no Raio Majadahonda e Ceci e María León no Marín.
Relacionadas:
-
Recital goleador do Marín Futsal sobre o Leganés para despedir a tempada (9-3)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Cruel derrota Marín Futsal ante o Roldán a falta de 17 segundos para o final (2-3)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Marín Futsal remonta e golea o Torcal (2-5)
Por Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar defende o seu posto no final a catro diante do Penya Espluques
Por Redacción |
-
O Roldán acaba co soño copeiro do Marín Futsal nos cuartos de final (1-3)
Por Diego Espiño |
-
Onda de apoios ao Marín Futsal: "Alguén debería explicar por que non se aprazou o partido habendo acordo entre clubs"
Por Diego Espiño |
-
Suspendido o Marín Futsal-Burela por non ter o equipo local o mínimo de xogadoras no campo
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Alcorcón remonta o Marín nos minutos finais (3-1)
Por Almu Dapena |