O Arosa empata co Bergantiños e descende a Terceira (1-1)
Por Cristina Saiz & Redacción
Día triste para o Arosa, que despois dun ano en Segunda RFEF volverá xogar en Terceira División.
Os de Luisito necesitaban case un milagre para salvar a categoría ao non depender de si mesmos para conseguir o obxectivo. Tiña que perder o Mariño de Luanco, que gañou no minuto 94, e tiñan que gañar eles, pero finalmente tivéronse que conformar cun empate ante un Bergantiños que se xogaba meterse nos postos de play off.
De feito, foron os visitantes os primeiros en anotar. Chapu Brunet de cabeza á saída dun córner adiantaba ao Bergantiños para meter presión a un Arosa que necesitaba unha urxente reacción.
No derbi xa manda o @BerganFC fronte ao @AROSASCOFICIAL
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) May 15, 2022
Marcou o Chapu Brunet para os de Carballo, que lle meten presión ao Coruxo
O Arousa, máis preto da Terceira RFEF pic.twitter.com/RgSGbezvgZ
Meteu unha marcha máis o cadro local para asediar a portería rival, pero o balón non quería entrar.
Non foi ata a segunda metade, concretamente no minuto 74, cando o Arosa conseguiu a igualada. Centrou Mon ao segundo pau e Pedro García cunha volea de primeiras enchufó o balón no lateral da portería do Bergantiños anotando así o 1-1.
Aínda quedaba tempo para lograr a permanencia, pero Luís Nuño errou un penalti no 88 que deixaba ao Arosa matematicamente descendido a Terceira División.
O @AROSASCOFICIAL baixa a 3RFEF aínda que soñou con ir ao "play out" ata o último intre
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) May 15, 2022
Pedro García empatou no 74'
Luis Nuño fallou un penalti no 88'
Non tería chegado o triunfo porque o gol do @MarinoLuanco no 94' mandaba o Arousa a 3RFEF pic.twitter.com/vQavqxr0Sl
Relacionadas:
-
Javi Fontán comunica ao Arosa a súa decisión de non renovar para seguir xogando na Segunda RFEF co Avilés
Por Redacción |
-
Primeiras baixas no Arosa tras o seu descenso a Terceira RFEF: Pedro Beda, Martín Ross, Alberto Martín e Mon
Por Redacción |
-
O capitán Julio Rey, primeira renovación no Arosa: "Este clube caeu moitas veces, pero sempre nos levantamos"
Por Redacción |
-
Rafa Sáez deixa de exercer como director deportivo do Arosa
Por Redacción |
-
O Arosa agasalla dúas invitacións por socio para a batalla final pola permanencia
Por Manu Otero |
-
O Arosa complica a súa permanencia tras a derrota en Leganés (3-0)
Por Almu Dapena |
-
Javi Fontán dá tres puntos de ouro o Arosa no partido contra o Móstoles (1-0)
Por Redacción |