O Poio Pescamar defende o seu posto no final a catro diante do Penya Espluques
Por Redacción
A dobre vitoria da pasada semana do Poio Pescamar sobre o Ourense Envialia serviu para dar aire e confianza ao equipo vermello na recta final de liga na que lles tocará defender con uñas e dentes o último posto que dá dereito a xogar a final a catro polo título.
Co Melilla, Móstoles e Alcorcón en modo persecución, as de Manu Cossío teñen unha escasa marxe de erro para conseguir o obxectivo a falta de catro partidos para o final de liga.
O deste sábado, ás 17 horas na Seca, é, a priori, un deses duelos nos que non está permitido fallar. As conserveiras reciben a visita do Penya Esplugues, metido de cheo na carreira pola permanencia. As visitantes son antepenúltimas con 17 puntos e a 4 da permanencia que marca o Sala Zaragoza, polo que unha derrota en Poio pode supoñerlles o descenso virtual a Segunda RFEF.
Nunha tesitura similar atópase o Atlétitco Torcal, rival esta fin de semana do Marín FS ao que reciben este sábado ás 18.30 horas. As de Raúl Jiménez xa teñen conseguido hai semanas o obxectivo da permanencia e, acomodadas na zona media da táboa, un triunfo no arquipélago canario pode supoñer a estocada definitiva para as locais, penúltimas a cinco puntos da salvación.
Relacionadas:
-
El Poio Pescamar concede un empate ante un Penya Esplugues necesitado (1-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Poio Pescamar conquista nos penaltis a súa terceira Copa Galicia
Por Redacción |
-
Festival de goles na Raña entre un Marín salvado e un Majadahonda loitando pola permanencia (3-4)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar golea o Ourense Envialia para seguir terceiro (1-4)
Por Almu Dapena |