As mozas do Waterpolo Pontevedra, recibidas no Concello como novo equipo de Primeira División
Por Manu Otero
A cidade de Pontevedra ten un novo equipo na elite. Trátase do Club Waterpolo Pontevedra, cuxo equipo feminino confirmou hai dúas semanas en Murcia o seu ascenso á segunda categoría do waterpolo nacional despois de dúas esmagadoras vitorias na fase de ascenso.
Para felicitalas por este histórico feito, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, recibiron ás xogadores este luns no Concello.
O rexedor pontevedrés mostrou a súa satisfacción pola xesta e animou ás xogadoras para seguir traballando para manterse na elite.
Despois de asegurar que "somos unha potencia", o mandatario interesouse polo sistema de competición e a calidade dos rivais aos que se enfrontará o próximo ano o equipo pontevedrés, que terá que completar longas viaxes cada xornada que sexa visitante porque os rivais máis próximos están en Madrid ou no País Vasco.
Igualmente satisfeito mostrouse o concelleiro de Deportes, que conversou de forma distendida con cada unha das xogadoras antes de dar comezo ao protocolario acto no que fixeron entrega dunha pulseira co escudo da cidade ás artífices do ascenso.
Por parte do club, tanto o presidente Jose Tellería, como o director deportivo, Javi de Saa, fixeron fincapé no apoio incondicional que reciben por parte do Concello en cada unha das actividades nas que participan ou organizan, así como en destacar o mérito dun equipo novo que compaxina o deporte cos estudos e que demostraron ser capaces de "dar un salto cara arriba e seguro que o van facer moi ben o ano que ben para manternos moitos anos", concluíu o técnico.
Relacionadas:
-
O Waterpolo Pontevedra coñece aos seus rivais para o reto de competir na Primeira Nacional
Por Diego Espiño |
-
O CW Pontevedra redobra a súa aposta polo equipo feminino con máis orzamento, fichaxes e cambio de adestrador
Por Manu Otero |
-
O equipo feminino do Waterpolo Pontevedra culmina unha tempada de ilusión co título da Liga Galega
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra xa é equipo de Primeira Nacional (4-17)
Por Almu Dapena |