Asegurar 500.000 euros de orzamento, obxectivo a contrarreloxo do Cisne para competir na Liga Asobal
Por Diego Espiño
Tras o ascenso a Liga Asobal conseguido de forma brillante na cancha vencendo o Barça B no Municipal, o Club Cisne Balonmán inicia agora unha carreira se cabe máis complicada a nivel económico para tentar confirmar o seu salto de categoría.
A directiva pontevedresa púxose en marcha xa na procura de recursos para incrementar un orzamento que practicamente se dobrará para saír a competir en Asobal, pasando dos ao redor dos 280.000 euros da presente tempada a "chegar aos 500.000 euros como mínimo", revela o presidente cisneísta, Santi Picallo.
Para iso atopar un patrocinador principal privado pasa pola prioridade número un. Será "o máis difícil. E mínimo necesitamos un que achegue entre 60.000 e 70.000 euros", recoñece o dirixente.
Nesta particular contrarreloxo existe data tope para tomar unha decisión, que é o próximo 30 de xuño. "Temos marxe, pero hai que aceleralo", defende Picallo.
Nestes número o Cisne conta cunha esperada subida no canon que deberá abonar para competir en Asobal, ademais de que deberá contar cun mínimo de 10 contratos profesionais no seu plantel.
Precisamente a parte deportiva é outra parcela na que xa se pensa no club pontevedrés, primeiro pensando no banco onde Jabato "ten que decidir el" se lle gustaría continuar como primeiro adestrador porque "non é fácil atopar outro mellor", e despois pensando nunha nómina de xogadores que perderá os canteiráns Preciado e Virulegio pero na que seguirán sendo maioría os xogadores saídos da categorías inferiores mantendo a esencia do equipo.
Ademais a intención será "reforzarnos en determinados postos que son necesarios, e ver onde podemos facer o esforzo como fixemos con Gonzalo Carró", a condición de que os números cadren e se logren os apoios necesarios.
Relacionadas:
-
Asobal fixa en 56.000 euros o canon para pagar polo Cisne
Por Diego Espiño |
-
Jabato rexeita seguir no Cisne tras o ascenso á Liga Asobal
Por Diego Espiño |
-
Jabato e o Cisne danse de prazo ata este venres 3 para decidir o futuro do técnico
Por Diego Espiño |
-
Outorgan a Santi Picallo e a Jabato a Medalla de Bronce ao Mérito Deportivo da Federación Española de Balonmán
Por Redacción |
-
Recepción municipal ao Cisne tras o seu ascenso a Asobal: "Este equipo vai estar aí se temos o respaldo da cidade"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
A Deputación estrea as recepcións ao Cisne tras o seu ascenso á Liga Asobal
Por Diego Espiño |
-
Lores e Fernández evitaron ao rei emérito no partido do Cisne porque "non quero que se me relacione con ese señor"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Álvaro Preciado e Pablo Picallo despídense entre bágoas: "Ser do Cisne é o mellor que hai"
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Cisne celebra ante a súa afección o regreso a Asobal tras gañar o Barça B (36-29)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O rei emérito, espectador de excepción no partido do seu neto Pablo Urdangarín contra o Cisne
Por Natalia Puga & Cristina Saiz | Creada e actualizada