Primeira das tres finais polo play-off polo título para o Poio Pescamar
Por Redacción
Tres partidos, tres finais. É o que ten por diante o Poio Pescamar para asegurar o seu posto no play-off polo título de liga na Primeira División.
As vermellas, cuartas con 46 puntos nunha apertada clasificación, viaxan ata terras mañas esta fin de semana para medirse o domingo (12.30 horas) a domicilio ao Sala Zaragoza, un equipo que necesita pola súa banda os puntos para afastarse da zona de descenso.
O cadro conserveiro non pode permitirse erros se quere cumprir o obxectivo de meterse entre as catro mellores da competición e pelexar polo título, aínda que para iso pode recibir unha axuda externa desde o outro lado da ría.
Pódella ofrecer un Marín Futsal que salvado hai semanas recibe este sábado (17.00 horas) na Raña ao terceiro clasificado, un Roldán ante o que ten ganas de desquite tras a recente eliminación en Copa da Raíña fronte ao conxunto murciano.
As de Marín afrontan a cita con dúbidas na portería, debido aos recentes problemas físicos dos seus gardametas Silvia Aguete e Antía Piñeiro.
Relacionadas:
-
Vital triunfo do Poio Pescamar en Zaragoza para manterse en postos de play-off polo título (2-3)
Por Almu Dapena |
-
Cruel derrota Marín Futsal ante o Roldán a falta de 17 segundos para o final (2-3)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Poio Pescamar organizará o Campionato de España Infantil Feminino
Por Redacción |
-
El Poio Pescamar concede un empate ante un Penya Esplugues necesitado (1-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Marín Futsal remonta e golea o Torcal (2-5)
Por Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar conquista nos penaltis a súa terceira Copa Galicia
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar golea o Ourense Envialia para seguir terceiro (1-4)
Por Almu Dapena |
-
O Roldán acaba co soño copeiro do Marín Futsal nos cuartos de final (1-3)
Por Diego Espiño |