Vital triunfo do Poio Pescamar en Zaragoza para manterse en postos de play-off polo título (2-3)
Por Almu Dapena
Triunfo vital para o Poio Pescamar na súa loita por finalizar a liga regular entre os catro primeiros e así optar a conseguir o título de Primeira División.
O cadro conserveiro superou con dificultades a un necesitado Sala Zaragoza, que ve perigar a súa permanencia, para seguir en cuarta posición a falta de dúas xornadas para a conclusión.
Adiantouse o equipo zaragozano cun gol temperán de Antía, que aproveitou un balón solto dentro da área despois dunha parada de Caridad.
Consciente do que se xogaba, o Sala mantívose dentro do partido achegándose por momentos a portería rival e poñendo a proba á gardameta vermella, que se facía grande baixo paus para manter ao seu equipo metido no partido. De feito, puido o Zaragoza facer máis grande a brecha, pero un gol en propia de Maite no seu intento de despexe ao disparo de Anna Escribano devolveu as táboas no marcador.
Acto seguido, Rapha Martins gozaba dunha das oportunidades máis claras do duelo, estrelando, coa portería baleira, o seu tiro no traveseiro. Buscaron a reacción as de Poio co paso dos minutos, pero o marcador non se moveu máis ata a segunda metade.
Despois do paso polos vestiarios o encontro seguiu equilibrado ata que Ana Rivera facía o 1-2. Irene subiu pola banda, tocouna Dani Sousa, e Rivera mandouna á rede para adiantar ao Poio.
Tres minutos despois foi Anna Escribano a que, a saída dun saque de esquina, realizou un potente disparo raso cruzado que se coou no interior da rede rival.
Obrigadas a unha reacción inmediata, as xogadoras zaragozanas recortaron distancias aos dous minutos. Antía conduciu unha rápida contra que culminou María Moreno dentro da área facendo o 2-3.
Acumulou as cinco faltas o Poio a sete minutos da conclusión e o conxunto local aumentou a intensidade en busca dun empate que, para fortuna das conserveiras, non chegou.
Agora, as de Manu Cossío teñen por diante dúas auténticas finais nas que só vale gañar. A primeira será na Seca o 4 de xuño contra o Joventut D' Elx e na segunda e última viaxarán a Madrid para enfrontarse ao Móstoles.
SALA ZARAGOZA (2): Vero; Mirian, Laura Boix, Carmen Alonso e Antía (quinteto inicial). Tamén xogaron, Andreza, Furia, Giba, María Moreno, Rapha Martins e Maite.
POIO PESCAMAR (3): Caridad; Irene, Luci, Anna e Dani Sousa (cinco inicial). Tamén xogaron, Jane, Martita, Chiesa, Ana Rivera, Dupuy e Dani Sousa.
Goles: 1-0, min. 3 Antía. 1-1, min. 8 Maite (propia porta). 1-2, min. 26 Ana Rivera. 1-3, min. 29 Anna Escribano. 2-3, min. 31 María Moreno.
Incidencias: Século XXI. Colexiados, Joaquín Sierra Asión e José Lázaro Angulo. Recibiron cartolina amarela Julia Dupuy no Poio Pescamar.
Relacionadas:
-
Vitoria insuficiente para o Poio Pescamar, que queda fóra do play-off polo título (1-3)
Por Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar segue vivo na pelea polo playoff tras unha traballada vitoria sobre o colista (4-2)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Respaldo provincial ao Poio Pescamar na súa carreira cara ao play-off
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar organizará o Campionato de España Infantil Feminino
Por Redacción |
-
Primeira das tres finais polo play-off polo título para o Poio Pescamar
Por Redacción |
-
El Poio Pescamar concede un empate ante un Penya Esplugues necesitado (1-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Poio Pescamar conquista nos penaltis a súa terceira Copa Galicia
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar golea o Ourense Envialia para seguir terceiro (1-4)
Por Almu Dapena |