Xornada solidaria e deportiva en Poio coa Carreira dos Corvos Memorial Alfonso Bellón
Por Redacción & Cristina Saiz
Poio celebrou este domingo unha carreira do todo especial. Trátase da estrea da Carreira dos Corvos Poio Móvete I Memorial Alfonso Bellón, unha cita deportiva en recordo da figura de Alfonso Bellón Gómez, 'Capi', un veciño de Raxó de 20 anos falecido en febreiro como consecuencia dunha grave enfermidade.
Unidos pola causa, o Club Tríatlon Poio e o Concello organizaron este evento de carácter solidario onde en cada inscrición habilitouse un Dorsal Solidario destinado á Asociación Galega contra Enfermidades Neuromusculares ( ASEM).
Foi todo un éxito en canto a participación, e é que preto de 400 deportistas de diferentes categorías congregáronse na A Seca para completar o circuíto da carreira.
Na absoluta participaron 163 persoas, que tiveron que percorrer un circuíto de 10 quilómetros atravesando Campelo ata Lourido e regresando ao momento de orixe polas sendas do litoral.
A xornada deportiva a pecharon os menores de idade, que tomaron parte ás 12:00 para pasar un bo rato entre amigos e familiares.