O Real Madrid gaña o Campionato de España Infantil de Baloncesto celebrado en Marín
Por Redacción
Marín dixo adeus este sábado ao XLII Campionato de España de Clubs de categoría Infantil Masculino, que encheu a vila das mellores canteiras do baloncesto a nivel estatal.
Foi este sábado cando se puxo punto e final a este importante evento deportivo que tivo como campión nacional o Real Madrid, que superou na gran final o CB Canarias por 68-54.
O Valencia Basket foi o encargado de levantar o trofeo de terceiro clasificado despois de gañar por 63-72 o Joventut Badalona, que foi cuarto; quinto quedou o Real Canoe tras vencer o Unicaja por 68-74 e, finalmente, o sétimo posto foi para o CB L'Horta Godella, que gañou o Bahía San Agustín por 68-74.
Pero estes resultados non serían posibles sen os grandes xogadores que compoñen estes equipos, entre os que destacaron especialmente Babel Lipasu como MVP do torneo e líder en capturar os rebotes.
Manuel García, pola súa banda, foi o máximo asistente, Nicolás Marina o máximo anotador e Mateo Temeru foi nomeado MVP da gran final.
Con esta cita, Marín pon fin a unha semana chea de baloncesto na que numerosos afeccionados acudiron para gozar do deporte e das mellores canteiras de España.
Relacionadas:
-
Marín será sede esta tempada do Campionato de España Infantil Feminino por equipos de baloncesto
Por Redacción |
-
Nico Marina, o neno que asombra a España no Nacional Infantil de Baloncesto de Marín
Por Diego Espiño |
-
As mellores canteiras do baloncesto español volverán facer escala en Marín en xuño
Por Redacción |