Luis López-Tulla: "Esperamos estar ahí arriba, tenemos una plantilla muy compensada"
Por Almu Dapena
Despois de quedar por segundo ano consecutivo ás portas de entrar no play-off polo título de liga, o madrileño Luís López-Tulla colle as rendas do banco do Poio Pescamar co fin de cambiar esa dinámica e alcanzar novos obxectivos que pasan pola "ambición que tienen las jugadoras por aspirar a estar arriba y ganar los máximos partidos posibles".
"El formato de la liga", admite o ex do Levante, "ya te hace estar entre los cuatro mejores si quieres competir en la Copa de la Reina o ganar la liga", polo que "esperamos estar ahí arriba, tenemos una plantilla muy compensada".
E para conseguilo, o club está "a punto de cerrar la plantilla para así empezar cuanto antes a trabajar", confirma, consciente de que, como cada ano, "hay mucho nivel en la categoría" e os títulos son algo que "se resiste", aínda que recoñece que tanto a directiva como el están "contentos con los fichajes" e, "tanto la portería como el puesto de pívot que lo hemos cubierto muy bien. Estoy satisfecho".
Reforzada en parte pola posible 'huída' de xogadoras do Burela polo descenso do primeiro equipo masculino (Elena Aragón de la Torre e a cántabra Sandra Buzón incorporáronse ao Poio), o técnico vermello cre que as da Mariña "sacarán equipo y estarán entre las cuatro primeras", igual que o Futsi.
Independentemente diso, o madrileño afronta un reto tomando as rendas do Poio Pescamar, nunca estivo como primeiro adestrador en ningún equipo, e cre que a súa chegada será "una experiencia que pueda enriquecerme. Las jugadoras me pueden aportar experiencia, hay gente de diferentes sitios y estoy intentando ponerme al día. Dar el paso al primer entrenador hará que me encuentre con cosas nuevas y gracias a ellas voy a crecer".
Tamén considera que el achegará a súa "experiencia en el Levante" como segundo adestrador, onde estivo con "grandes jugadores y aprendí de ellos un montón". É por iso que afirma que ten "mucho que aportar al juego".
E esa aprendizaxe comezará antes do inicio de pretemporada, fixado nun principio para os días 3 ou 4 de agosto. Esta será principalmente contra equipos galegos, co que xa están a organizar os posibles partidos de preparación.
Relacionadas:
-
Sorteado o calendario de liga 22-23 para o Poio Pescamar e o Marín Futsal
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar, 25 anos de aposta polo fútbol sala feminino: "Lo que se está consiguiendo es increíble"
Por Almu Dapena |
-
Dani Sousa renova por un Poio Pescamar que di adeus a Ana Rivera
Por Diego Espiño |
-
Marta Peñalver convértese na sexta fichaxe do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Irene García renova e convértese na sétima peza confirmada do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Luci Gómez renova co Poio Pescamar e Gaby despídese do Marín FS
Por Redacción |
-
Rocío Gómez é a quinta incorporación do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar acelera nas fichaxes e o Marín Futsal, nas renovacións
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar refórzase coa porteira Elena González e a ala-pivot Laura Uña
Por Redacción |
-
Caridad e Lucía Paz deixan baleira a portería do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar ficha o adestrador Luis López-Tulla
Por Redacción |