Éxito de participación no I BTT Carneiro ao Espeto de Moraña
Por Redacción
A Carballeira de Santa Lucía, en Moraña, acolleu un ano máis a Festa do Carneiro ao Espeto, unha tradición que leva máis de 50 anos no calendario gastronómico pero que nesta ocasión engadiu como novidade unha carreira de BTT.
A 'BTT Carneiro ao Espeto', coa súa primeira edición, chegou a Moraña para percorrer varias parroquias do concello.
Con saída desde a explanada do Multiusos e organizada pola Asociación Cultural Romería de Santa Xusta de Moraña, case 300 corredores déronse cita para convertir o evento nun éxito en participación.
SHOWCOOKING
A festa, en cambio, comezou o día anterior, cunha demostración culinaria do chef Miguel Mosteiro de Gastrolab Arousa, que amosou dous pratos a base de carneiro.
Ademais, os bares e restaurantes que participaron nesta edición ofreceron aos comensais varios pratos de carneiro preparados de formas moi diversas. A velada a amenizaron Pablo Balseiro e os Cascarillas.