Pablo Dapena afronta o PTO de Canadá "con ganas de ver ata onde podemos chegar"

Por Diego Espiño
Os danos sufridos na súa bicicleta durante a súa viaxe a Canadá non frean as ganas e a ambición de Pablo Dapena ante o reto maiúsculo que supón a súa participación na carreira organizada pola PTO (Organización de Triatletas Profesionais) en Edmonton.
"Non foi a mellor preparación a esta competición nin tampouco esta semana está a ser fácil por todos os problemas carrexados por Air Canada pero aquí estamos, rodeado dos mellores e con ganas de ver ata onde podemos chegar", explicou o pontevedrés a poucas horas poñerse o dorsal e estar na liña de saída.
...y con ganas de ver hasta donde podemos llegar.
— Pablo Dapena Gonzalez (@pablitopiny) July 22, 2022
La carrera será el domingo @DAZN_ES @Eurosport_ES
12.45 horario Edmonton
20.45 horario de España pic.twitter.com/2qHo0OAixp
Xunto a é estarán moitos dos grandes nomes de panorama internacional, como os noruegueses Kristian Blummenfelt e Gustav Iden, o canadense Lionel Sanders, o xermano Patrick Lange ou o británico Alistair Brownlee, entre outros.
A nómina de aspirantes é alta nunha carreira que contará con importantes premios grazas a unha bolsa dun millón de dólares, cunha recompensa de 100.000 dólares ao vencedor pero tamén con cantidades importantes para os seguintes da clasificación: 70.000, 50.000, 40.000, 35.000, 30.000, 25.000, 20.000, 18.000 e 16.000 dólares para os dez primeiros.
A carreira da PTO de Canadá, cunha distancia de 2.000 metros de natación, 80 quilómetros de ciclismo e 18 quilómetros de carreira a pé, dará comezo ás 20.45 horas do domingo 24 (hora española).
Relacionadas:
-
Pablo Dapena repetirá experiencia no circuíto PTO o 18 de setembro no US Open de Dallas
Por Redacción |
-
Pablo Dapena, ante a súa proba fetiche, o Mundial de Tríatlon de Longa Distancia
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena reponse "á peor natación da miña vida" e unha cambra para asinar un top 20 no PTO de Canada
Por Manu Otero |
-
A bici de Pablo Dapena, danada na súa viaxe ao PTO de Canadá: "Non estou en condicións de poder empezar a proba"
Por Diego Espiño |
-
Remontada épica e terceiro posto para Pablo Dapena no Europeo Ironman 70.3 de Elsinore
Por Almu Dapena |
-
Pablo Dapena arrasa no Challenge de Gdansk
Por Almu Dapena |
-
Pablo Dapena reaparece cun sólido triunfo no Mallorca Olympic Triathlon
Por Almu Dapena |
-
Pablo Dapena, pretempada tardía en Lanzarote coa vista posta en xuño: "Non foi un inverno sinxelo, pero mereceu a pena"
Por Diego Espiño |