O Pontevedra viaxa a Madrid co obxectivo de referendar as boas sensacións do seu debut
Por Manu Otero
O Pontevedra afronta a segunda xornada da Primeira Federación coa moral polas nubes despois da boa imaxe ofrecida no seu debut en Pasarón fronte ao Alcorcón a pesar de non conseguir os tres puntos. Os de Antonio Fernández mídense este sábado, a partir das 21.30 horas, ao Sanse no madrileño estadio de Matapiñonera.
"O inicio que tivemos foi bo e tanto a min como aos xogadores dános confianza para seguir nesa liña. Agora queremos dar ese primeiro paso fóra de casa, medirnos e ver o nivel que o equipo pode dar fóra de casa ante un bo rival como o Sanse", declarou o preparador en sala de prensa.
Non o poñerá fácil o conxunto local. "Espero un rival cun equipo moi experimentado e unha idea moi clara de xogo. Cometen moi poucos erros, teñen moi poucas fisuras no seu xogo. Os vi en directo e gustáronme, transicionan moi ben. Pero se estamos ao noso mellor nivel, crearémoslle moitas dificultades", sinalou Antonio Fernández, que tivo a oportunidade de ver ao seu rival en directo o pasado domingo en Barreiro.
No que non haberá diferenzas é na formulación granate."Nós temos unha idea fixa e clara. Está a darnos réditos ata o momento. Imos ser fieis ao noso modelo. Pero imos ter mecanismos porque non é o mesmo xogar #ante o noso públcio que xogar fóra de casa", puntualizou o preparador, que recupera para esta xornada ao lateral esquerdo Samu Araújo.
Un dos puntos débiles que evidenciaron os granates na primeira xornada foi a defensa das xogadas a balón parado. "Enfrontámonos a un dos mellores rivais da categoría en lanzadores e rematadores. Non só vai sufrir o Pontevedra co Alcorcón a balón parado. Pero todo hai que traballalo para tentar que non volva suceder", xustificou Fernández Rivadulla.
En cambio, tamén houbo aspectos positivos que o técnico tratará de potenciar. "Unha das premisas que trasladei ao grupo foi que gozasen con balón, pero cando non se ten toca sufrir, xuntarse e ser solidarios. Recuperar o máis rapido posible para volver tela. Foi un dos aspectos máis positivos que se pode sacar", destacou o adestrador nado en Ourense.
Tamén se mostrou encantado pola profundidade de banco que ten este ano. "Cando os xogadores que xogan de inicio dano todo e piden o cambio, temos substitucións de suficiente calidade para suplilos e esa é a grandeza que este ano temos. Agora é un quebradizo de cabeza, pero cando cheguen as sancións e lesións sabes que tes fondo de armario do que dispoñer", admite con optimismo.
Antonio Fernández falou tamén da situación que atravesa o DUX Internacional, inmerso nun proceso de desinscripción da categoría. "Pode ser un inconveniente que entre outro equipo para competir", limitouse a dicir o preparador que prefire centrarse nese problema para partir do próximo luns.
Relacionadas:
-
Excesivo castigo para o Pontevedra na súa visita o Sanse (2-0)
Por Almu Dapena |
-
Acordo a tres bandas entre Leganés, Pontevedra e DUX para a cesión do mediocentro Álex Masogo
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra afronta o último día de mercado con tres fichas sub 23 sen dono
Por Manu Otero |
-
Antonio Fernández: "Creo que fixemos méritos para gañar"
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Un atrevido Pontevedra deixa un bo sabor de boca no arranque ligueiro contra o Alcorcón (1-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |