Dobrete de ouro mundialista para Antía Jácome: en C1 200 e en C2 500 con Diego Domínguez
Por Almu Dapena
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O éxito deportivo de Antía Jácome parece non ter teito, e é que a padeeira pontevedresa non se cansa de rozar a gloria alá por onde vai.
Portentosa. Sublime. Así está a ser a tempada de Jácome, que só este domingo colgouse dúas medallas de ouro no Campionato do Mundo de Hungría.
A primeira delas chegou ben cedo. Ás 9:03, a deportista da EP Ciudad de Pontevedra lanzouse á auga para disputar a final do C1 200.
Ofreceu un recital e demostrou do que está feita, batendo a todas as súas opoñentes cun tempo de 46.36 que lle valeu unha medalla de ouro. Completaron o podio a chinesa Changwen Suai (46.92) e a canadense Sophia Jensen (47.06).
Unha vez asaltado o primeiro ouro do día, chegou o momento de acompañar a Diego Domínguez na final do C2 500 Mixto.
Con el chegou o dobrete mundialista, tras unha boa demostración de perseverencia e de paladas a bo ritmo ata cruzar a liña de meta.
Desde o inicio da carreira mantivéronse nos tres primeiros postos a pesar de que a dupla canadense distanciábase no ecuador da proba, os españois mantiveron a calma para nos metros finais incrementar o ritmo e cruzar a liña de chegada en primeira posición.
Cun tempo de 1:49.59, Diego e Antía avantaxaron en 4 centésimas á dupla canadense formada por Sophia Jensen e Alix Plomteux (1:49.63) e aos polacos Norman Zezula e Julia Walczak (1:49.68).
Este ouro súmase á prata e o bronce conseguidos por Diego Domínguez en C2 500 e C2 1.000 xunto ao seu irmán Noel.
@antiajacc y Diego Domínguez conquistan el ORO en la final del C2 500 Mixto.
— PiragüismoEspaña (@RFEPiraguismo) September 4, 2022
¡IMPRESIONANTE! #CanoESP pic.twitter.com/ib1kFlrpLl
Foi precisamente Noel Domínguez o que logrou a última medalla para España no Campionato do Mundo Sprint Junior e Sub-23.
Domínguez, que xa nas xornadas anteriores mostrouse moi rápido, ratificou este domingo o seu bo estado de forma adxudicándose a prata na final de C1 5000.
O piragüista do Breogán, cun tempo de 23:56.15, foi superado tan só polo iraniano Mohammad Nai Rezaei cun tempo de 23:30.40, terceiro sería o húngaro Kristof Kollar que parou o crono en 24:08.86.
Ademais, ás 9:20 da mañá tomou a saída na final de C1 500 metros o padeeiro do Náutico O Muiño Manuel Fontán, que se plantou nos metros finais da carreira na loita polas medallas despois dunha boa parte final de regata.
Pero desafortunadamente, Fontán entrou en meta en cuarto lugar por detrás do Chinés Bowen Ji, o polaco Noman Zezula e do Italiano Gabriele Casadei, que avantaxou ao español en tan só nove milésimas.
Pouco despois, Valeria Oliveira competiu na final de C1 200 metros xuvenil na que finalizou en novena posición, e a embarcación mixta de Lara Feijóo e Pablo Roza gañou a Final B de K2 500 Sub-23.
Continuou a presenza galega na xornada de tarde coa carreira do K1 5000 metros Sub-23 masculina, onde o deportista do Piragüismo Verducido Joaquín Iglesias finalizou no posto catorce.
A última participación con acento galego foi a do padeeiro do Piragüismo As Torres Pedro Torrado, na final de C1 5000 metros Xuvenil que, despois de ser quinto na final de C4 500 metros, logrou unha meritoria sexta posición.
Relacionadas:
-
Antía Jácome, un palmarés que asusta con só 23 anos
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome e María Corbera "unen forzas" en busca do billete olímpico no C2-500
Por Redacción |
-
Antía Jácome pon fin a unha tempada "incrible" coa mente en París 2024
Por Redacción |
-
Baño de bronce para os irmáns Domínguez na final mundialista de 1000 metros
Por Redacción |
-
Medalla de prata para os irmáns Domínguez en C2 500 e pase directo á final do C1 200 para Antía Jácome no Mundial de Hungría
Por Redacción |
-
O piragüismo pontevedrés busca o seu último baño de ouro da tempada no mundial de Hungría
Por Manu Otero |