A Costa Atlántica MTB volve ao calendario deportivo pontevedrés
Por Diego Espiño
Pontevedra será escenario os próximos días 23, 24 e 25 de setembro da Costa Atlántica MTB Tour.
A proba, que regresal ao calendario deportivo local tras un par de anos de ausencia pola pandemia, foi presentada oficialmente este venres no Concello.
Trátase dunha competición de ciclismo de montaña por etapas, con tres xornadas que terán como epicentro á Boa Vila.
Primeiro será, o venres 23, cunha contrarreloxo nocturna de 4 quilómetros polo centro histórico da cidade e atravesando o río, con saída desde a Praza de España (20.00 horas).
Despois chegarán, tanto o sábado como o domingo, dúas etapas maratón con saída (9.30 horas) e meta na cidade.
Serán en total máis de 200 os deportistas participantes, entre os que se atopan nomes destacados como os de Juan Pedro Trujillo ou o campión mundial David Vaz.