O Teucro comeza costa arriba a tempada (31-33)
Por Redacción & Cristina Saiz
Mal comezo de tempada para a Sociedade Deportiva Teucro, que cedeu por 31-33 ante o Ribeiro na súa estrea en Primeira Nacional. Os de Irene Vilaboa chegaron a facer un parcial de 8-1 inicial pero deixáronse dobregar.
Anotaban fácil Vinicius e Álex Sánchez, conseguindo unha vantaxe de sete goles aos 10 minutos de xogo, pero a defensa do Ribeiro apareceu de súpeto e o ataque do Teucro fixo o contrario.
Apertou o luminoso o cadro ourensán cun 1-4 ao cuarto de hora (8-5), mentres a zaga teucrista facía augas co paso dos minutos, igual que o ataque, e fóronse ao descanso con tan só un gol de renda (16-15).
E na segunda parte, o Ribeiro continuou co seu bo facer e, tras un intercambio de tantos, Roi Sierra e Xoel Martínez colocaron o 19-21 no marcador.
Vinicius erraba nas súas chegadas a portería rival, Caue vía a súa terceira exclusión e os visitantes aproveitaban a ocasión para facerse con catro tantos de vantaxe alcanzado o minuto 28, suficientes para aguantar ata o final e levar a vitoria (31-33).
Relacionadas:
-
O Teucro déixase remontar ante o Ingenio (29-26)
Por Redacción |
-
Primeiro triunfo da tempada para o Teucro (37-32)
Por Redacción |
-
O Teucro, en caída libre (32-20)
Por Redacción |
-
O Teucro non levanta cabeza (25-30)
Por Redacción |
-
O Teucro queda na casa: suspenden o seu partido en Canarias polo temporal
Por Redacción |
-
Grupo Lirón, novo patrocinador principal do Teucro
Por Diego Espiño |
-
O Teucro centra a súa campaña de socios en recuperar a masa social perdida
Por Redacción |