Unha contrarreloxo nocturna que promete espectáculo no arranque da Costa Atlántica MTB Tour
Por Diego Espiño
A Costa Atlántica MTB Tour promete deixar imaxes espectaculares no seu regreso ao calendario deportivo, cunha edición que se disputará os próximos 23, 24 e 25 de setembro.
A proba ciclista BTT por etapas, nun formato pouco habitual en Galicia, dará comezo o venres 23 cunha contrarreloxo nocturna especial, e é que percorrerá boa parte do centro histórico.
Serán case 4 quilómetros de percorrido desde a Praza de España, punto de partida dun percorrido que se dirixirá cara a Santa María rodeando a Basílica para cruzar o Campiño e baixar as escaleiras da Enfesta de San Telmo, seguramente una das imaxes máis curiosas que deixará. Despois os participantes cruzarán o río pola ponte das Correntes para penetrarse na Xunqueira de Alba, dar unha volta ás marismas e regresar ao punto de partida pola Rúa Arcebispo Malvar.
A saída dos ciclistas darase en grupos reducidos de catro a partir das 20.00 horas, contando os tempos para decidir os caixóns de saída para a segunda etapa, que tamén partirá desde Pontevedra á primeira hora do sábado con 80 quilómetros de percorrido que chegarán ata Cambados antes de volver á Boa Vila. Pola súa banda o domingo serán 68 os quilómetros para completar pola zona do Morrazo.
No que respecta á contrarreloxo o circuíto ocasionará cortes de circulación.
Relacionadas:
-
Guillermo García Janeiro, vencedor final da Costa Atlántica MTB Tour
Por Redacción |
-
A primeira etapa da Costa Atlántica MTB Tour invade o centro histórico pontevedrés
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Restricións de tráfico pola proba ciclista Costa Atlántica MTB Tour
Por Redacción |
-
A Costa Atlántica MTB volve ao calendario deportivo pontevedrés
Por Diego Espiño |
-
David Vaz e Javi Busto impóñense na primeira edición da Costa Atlántica MTB Tour
Por Redacción |