O asturiano Ruiz Álvarez volve cruzar co Pontevedra: Á décima irá a vencida?
Por Diego Espiño
O Comité Técnico de Árbitros deu a coñecer este xoves as designacións de colexiados para a quinta xornada de liga na Primeira RFEF, na que o Pontevedra medirase á Real Balompédica Linense no Estadio Municipal de Pasarón (domingo 25, 17.00 horas).
Os granates reencontraranse cun vello coñecido, co que coincidiron ata en nove ocasiones nas últimas tempadas, e é que o encargado de impartir xustiza será o asturiano Jaime Ruiz Álvarez, auxiliado nas bandas por Novoa Hernández e Madrigal Pérez, co vigués Figueiredo Comesaña como cuarto árbitro.
O curioso do caso é que o Pontevedra, a pesar do elevado número de encontros xogados con este árbitro, non conseguiu sumar ningunha vitoria, con catro empates e cinco derrotas.
Desas cifras destacan cinco encontros en Pasarón, con dous empates e tres choques perdidos.
As dúas primeiras ocasións nas que o Pontevedra e Ruiz Álvarez cruzaron os seus camiños foi na tempada 08-09, con empate a domicilio ante o Racing de Santander B (0-0) e derrota na casa contra o Racing de Ferrol (2-3). Posteriormente chegarían novas derrotas contra o Montañeros (0-2 na 09-10), Racing de Santander (0-1 na 16-17), Celta B (2-1 na 17-18) e Deportivo B (1-0 na 17-18).
O últimos tres encontros saldáronse con empate sen goles co Adarve na casa (17-18), Valladolid B tamén en Pasarón (1-1 na 18-19) e Celta B a domicilio (1-1 na 20-21).
Será a décima a vencida?
Relacionadas:
-
Antonio Fernández chama á afección: "Oxalá podamos ver en Pasarón tres ou catro mil persoas, o equipo meréceo"
Por Almu Dapena |
-
Un Pontevedra-Balompédica Linense 35 anos despois
Por Diego Espiño |
-
Multa de 600 euros ao Deportivo polo lanzamento de 'kleenex' ao porteiro do Pontevedra
Por Redacción |
-
A Balompédica Linense, afectada polo 'Virus FIFA' na súa visita a Pasarón
Por Diego Espiño |
-
O equipo do ascenso dá a talla na Primeira RFEF
Por Diego Espiño |
-
A 'cobertura' de Brais Abelenda, sinónimo de puntos para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A 'Marea Granate' deixa o seu selo en Riazor
Por Diego Espiño |
-
Antonio Fernández: "O Pontevedra demostrou que chegou a Primeira RFEF para competir"
Por Almu Dapena |
-
Empate agridoce en Riazor para un Pontevedra que perdoou (1-1)
Por Almu Dapena |