O Marín Futsal quere seguir coa súa boa serie en Ourense e o Poio Pescamar busca recuperar sensacións na Seca
Por Redacción
Marín Futsal e Poio Pescamar afrontan este sábado a terceira xornada de liga, na que se medirán, respectivamente, a Ourense Envialia e Móstoles, dous equipos que aínda non saben o que é gañar esta tempada.
As de Ramiro Díaz chegan ao primeiro derbi galego da tempada coa moral polas nubes tras conseguir dúas goleadas consecutivas, a primeira a domicilio contra o Sala Zaragoza e a segunda diante da súa afección fronte ao Leganés.
Pero o cadro marinense, co obxectivo de seguir coa súa boa serie, terá diante a un Ourense Envialia que será "difícil de dobregar" e que nas súas filas ten "xogadoras experimentadas e outras mozas con moito gol". O partido disputarase a partir das 17:00 horas no Pavillón dos Remedios.
Pola súa banda, o conxunto conserveiro recibirá na Seca ao Móstoles a partir das 18:30 horas, onde buscará conseguir a súa segunda vitoria da tempada.
As de Luís López-Tulla caeron a pasada xornada contra o Atlético Navalcarnero e queren recuperar as boas sensacións da primeira xornada onde, ante a súa afección, dobregaron ao Joventut d'Elx.
Os dous partidos da liga poderán seguirse a través da páxina web da RFEF e de Live Vuvuzela, compañía encargada de producir o sinal televisivo.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar fai da Seca o seu fortín e supera o Móstoles (4-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Ourense Envialia corta as ás do Marín Futsal (2-0)
Por Almu Dapena |
-
Longos desprazamentos na segunda rolda da Copa da Raíña para Marín Futsal e sobre todo para Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar sofre a pegada do Futsi Atlético (3-0)
Por Redacción |
-
O Marín Futsal confirma o seu bo inicio de liga con outra goleada, esta vez ao Leganés (7-2)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Recital goleador na estrea ligueira do Marín Futsal á conta do Sala Zaragoza (1-6)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar inicia a nova tempada con goleada ante o Joventut D’Elx (7-1)
Por Redacción & Mónica Patxot |