O Ourense Envialia corta as ás do Marín Futsal (2-0)
Por Almu Dapena
Despois de dúas vitorias consecutivas con goleadas incluídas, o Marín Futsal espertou do seu soño. Foi o Ourense Envialia o encargado de romper a serie das marinense, ás que gañaron por 2-0 para estrear a súa marcadora de puntos esta tempada.
Comezou o partido con ocasións para ambas as escuadras, con Sara Santos poñendo a proba a Vane cun disparo afastado e Silvia Aguete defendendo ben un man a man con Judith.
O alto ritmo de xogo predominou en todo momento, aínda que eran as locais as que asediaban en maior medida a portería marinense. Así, nunha xogada de estratexia tras saque de esquina, chegou o primeiro gol ourensán. Candela sacou un centro chute afastado e Jenny Lores desviou ao interior da portería de Silvia.
Ao comezo do segundo tempo, as de Ramiro Díaz tiveron o empate nas súas botas pero sen fortuna. En cambio, o Ourense ampliou a súa renda tras unha boa acción ofensiva. Pase en longo cara a Candela, que protexeu e avanzou ata Silvia, á que superou de disparo cruzado anotando o 2-0.
Alcanzouse o ecuador do segundo acto e o cadro local cubriu a cota de cinco faltas, o que provocou que o Marín aumentase a súa intensidade para reducir diferenzas no luminoso. Con todo, a pesar dos intentos e do risco de optar polo xogo de cinco, o Ourense defendeuse ben e cortou as ás das marinenses, que suman a súa primeira derrota da tempada.
OURENSE ENVIALIA (2): Vane Barberá; Candela, Chiky, Clara Fernández e Judith (quinteto inicial). Tamén xogaron, Sara Moreno, Jenny Lores, Marta, Vero, María Arias,
MARÍN FUTSAL (0): Silvia Aguete; Bea Mateos, Ceci, Ale de Paz e Café (quinteto inicial). Tamén xogaron, Adri, Lara Balseiro, Pau, Sara Santos e María León.
Goles: 1-0, min. 13 Jenny Lores. 2-0, min. 28 Candela.
Incidencias: Pavillón Os Remedios. Partido arbitrado por Ferrero Carballal e Rodríguez Pontanilla. Amoestaron a Candela no Ourense Envialia e María León no Marín.
Relacionadas:
-
O Marín rescata un punto contra o Alcorcón (1-1)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Marín loita ata o final pero cae en casa do Torreblanca (4-3)
Por Redacción |
-
Repartición de puntos na Raña entre Marín Futsal e Roldán (3-3)
Por Redacción |
-
O Marín Futsal quere seguir coa súa boa serie en Ourense e o Poio Pescamar busca recuperar sensacións na Seca
Por Redacción |
-
Longos desprazamentos na segunda rolda da Copa da Raíña para Marín Futsal e sobre todo para Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O Marín Futsal confirma o seu bo inicio de liga con outra goleada, esta vez ao Leganés (7-2)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Recital goleador na estrea ligueira do Marín Futsal á conta do Sala Zaragoza (1-6)
Por Redacción |