Un Pontevedra impotente non pasa do empate na casa ante o Linense (0-0)
Por Almu Dapena
Impotente. Así se mostrou o Pontevedra CF en Pasarón ante a Balompédica Linense este domingo. Os de Antonio Fernández rozaron o gol na primeira metade pero recorreron á desesperada nos instantes finais para buscar unha vitoria que nunca chegou.
Arrancou con problemas o conxunto granate, incómodo e claramente excedido pola superioridade numérica no medio centro da Balona, que apostou por unha liña de tres defensas para iniciar o encontro.
Asustou o conxunto visitante nada máis comezar cun balón en longo desde o medio que parecía non chegar a ningún porto, pero un mal despexe da zaga pontevedresa deu opcións a un Álex Guti que, de cazala ben, complicaría ao Pontevedra.
Pero aos poucos os de Antonio Fernández fóronse entoando e puideron anotar o primeiro tanto aproveitando unha mala saída e o seu posterior mal despexe do gardameta andaluz. Calvillo viuno adiantado, tentou sorprendelo por arriba, pero tardou demasiado en sacar o disparo.
Entrou o Pontevedra no seu mellor dinámica co paso dos minutos e facía boas transicións para chegar a portería rival e tivo opcións de anotar, sobre todo cun centro de Calvillo desde a liña de fondo ao que non puido chegar Rufo e cunha falta lateral que cabeceou Churre fose.
A presión dos granates tiña cada vez máis ritmo e atopaban mellor os espazos no medio, aproveitando que Alberto Jiménez atrasaba a un dos seus homes para formar unha defensa de catro.
O partido xa era outra cousa e o Pontevedra gozaba da súa mellor oportunidade tras unha recuperación no medio do campo que chegou ata Ángel Bastos. Avanzou, regateou ao seu opoñente, meteuse na área e sacou un pase da morte aproveitando a saída en falso Alberto Varo, pero Álex González contra todo prognóstico, fallou a porta baleira.
O dominio era total para os locais, que alcanzaban portería rival e xeraban situacións de perigo, pero o gol seguiu sen chegar nos primeiros 45 minutos.
Foron os de Cádiz os que saíron máis intensos do vestiario e meteron o medo no corpo ao Pontevedra, que pegou un cambio radical en canto ao mostrado na primeira metade e se defendía como podía dos ataques dunha Balompédica que tiña en Toni García a mellor ocasión do encontro.
A Antonio Fernández non lle gustaba o que estaba a ver sobre o verde, os seus eran incapaces de chegar a área rival e decidía mover ficha e apostar por dúas puntas claros con Charles e Rufo, pero perdía a Samu Araújo que se retiraba lesionado por problemas musculares.
E o Pontevedra seguía sen atopar o ritmo, que ía decaendo a medida que caían os minutos; tampouco había ocasións e, aínda que conectaba con Rufo en certos momentos aproveitando a súa velocidade, as opcións as debarataba a zaga visitante sen maiores problemas.
Aumentaba a ansiedade nos locais, desesperados e incapaces de facer o seu xogo, mentres a Balompédica Linense atopábase como quería e rabuñaba segundos cada vez que tiña o balón.
Xa sobre a bucina, os da Boa Vila gozaron dunha falta na banda esquerda, pero tampouco chegou con esa. Centrou Rubio moi pechado, o balón foi fóra e o arbitrou pitou o final dun partido insípido no que o Pontevedra foi incapaz de alongar o seu bo arranque.
PONTEVEDRA CF (0): Álvaro Cortés, Ángel Bastos, Samu Araújo (Jaichenco, min. 61), Churre, Miguel Román, David Soto, Álex González, Rufo (Guèye, min. 79), Yelko Pino (Mario Ortiz, min. 79), Oier Calvillo (Alberto Rubio, min. 57) e Jon Bakero (Charles, min. 57).
RB LINENSE (0): Varo; Loren, Borja López (Morante, min. 79), Jesús Muñoz, Mena; Delmonte (Masllorens, min. 46), Romero; Álex Guti (Alhassan Koroma, min. 68), Toni García (Fekir, min. 79), Joao Pedro (Connor Ruane, min. 85); e Gerard Oliva.
Árbitros: Jaime Ruiz Álvarez, Daniel Novoa Hernández, José María Madrigal Pérez e Javier Figueiredo Comesaña
Incidencias: Partido correspondente á quinta xornada de Primeira RFEF disputado no Estadio Municipal de Pasarón ante aproximadamente 2.500 afeccionados.
Relacionadas:
-
O Pontevedra salva un punto 'in extremis' ante un superior Celta B (1-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra estrélase no minuto 87 en Linarejos (1-0)
Por Almu Dapena |
-
O contragolpe do Mérida noquea o Pontevedra (2-0)
Por Almu Dapena |
-
Antonio vaticina unha saída difícil ante un Mérida que "ten argumentos suficientes para gañar a calquera"
Por Diego Espiño |
-
Borja Domínguez e Samu Araújo, descartados para Mérida
Por Diego Espiño |
-
O Romano de Mérida, unha praza histórica inédita para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Valen, un debutante en Primeira RFEF que quere máis: "Véxome capacitado e creo que podo dar moito a este equipo"
Por Diego Espiño |
-
A lesión de Samu Araújo, unha preocupación engadida para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Antonio Fernández: "O equipo fixo unha das mellores primeiras partes da tempada"
Por Almu Dapena |
-
Antonio Fernández chama á afección: "Oxalá podamos ver en Pasarón tres ou catro mil persoas, o equipo meréceo"
Por Almu Dapena |
-
O equipo do ascenso dá a talla na Primeira RFEF
Por Diego Espiño |
-
A 'cobertura' de Brais Abelenda, sinónimo de puntos para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Antonio Fernández: "O Pontevedra demostrou que chegou a Primeira RFEF para competir"
Por Almu Dapena |
-
Empate agridoce en Riazor para un Pontevedra que perdoou (1-1)
Por Almu Dapena |
-
Un penalti dubidoso e unha expulsión catapultan ao Pontevedra cara á vitoria ante o Talavera (3-0)
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |