Antonio Fernández: "O equipo fixo unha das mellores primeiras partes da tempada"
Por Almu Dapena
Ante as dúbidas que puido ocasionar o empate sen goles e o xogo mostrado polo Pontevedra en Pasarón ante a Balompédica Linense, Antonio Fernández teno claro: "O equipo fixo unha das mellores primeiras partes da tempada ata o momento, fomos superiores a eles pero faltounos a guinda de facer o gol", explicou na rolda de prensa habitual de despois do partido.
Considera o técnico granate que o equipo controlou o xogo na primeira metade e tamén a presión tras perda e cre que " o plan partido saíu á perfección" aínda que recoñece que se puido "equivocar na toma de decisións" da segunda parte á hora de "modificar certos aspectos como puido ser poñer a Rufo e Charles" o que ocasionou falta de xogo interior e que o rival collese o control.
Chamou a atención, ademais, a ausencia de Brais Abelenda que ten unha "sobrecarga no isquio".
"Arriscar a estas alturas non o vexo, hai xogadores igual de preparados, como Jon, que fixo unha primeira parte moi completa na que nos axudou moito", admitiu Fernández.
A enfermería do Pontevedra complétana Samu Araújo, lesionado no partido desta tarde contra a Balona ao parecer, por unha dor muscular no xemelgo do que aínda non se coñece o alcance, e Borja, que tivo problemas no adestramento do xoves e "non estaba coas mellores sensacións" para xogar.
Relacionadas:
-
Antonio vaticina unha saída difícil ante un Mérida que "ten argumentos suficientes para gañar a calquera"
Por Diego Espiño |
-
Borja Domínguez e Samu Araújo, descartados para Mérida
Por Diego Espiño |
-
O Romano de Mérida, unha praza histórica inédita para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Valen, un debutante en Primeira RFEF que quere máis: "Véxome capacitado e creo que podo dar moito a este equipo"
Por Diego Espiño |
-
A lesión de Samu Araújo, unha preocupación engadida para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Un Pontevedra impotente non pasa do empate na casa ante o Linense (0-0)
Por Almu Dapena |