A lesión de Samu Araújo, unha preocupación engadida para o Pontevedra
Por Diego Espiño
Foi a peor noticia que deixou o empate (0-0) do domingo fronte á Balompédica Linense en Pasarón.
Corría o minuto 59 de xogo cando nunha disputa co visitante Gerard Oliva o granate Samu Araújo sufría un forte tirón muscular na parte posterior da súa perna dereita.
Os signos de dor foron evidentes desde o primeiro momento no futbolista vigués, que tivo que abandonar o terreo de xogo coa axuda dos seus compañeiros avanzando unha lesión que lle terá afastado varias semanas dos terreos de xogo.
A falta da revisión médica pertinente que axuste o disgnóstico, o defensor do Pontevedra estará polo mínimo un mes de baixa. É polo menos o que se espera na casa granate dada as características da lesión.
Trátase do segundo problema muscular que sofre este curso Samu, que na pretempada tivo que superar un contratempo no xemelgo que lle fixo perderse non só boa parte dos encontros de preparación senón que tamén lle impediu estar en plenas condicións nas primeiras xornadas do campionato.
Superada esa lesión Araújo entrou por primeira vez no once inicial na terceira xornada fronte ao Talavera, partido no que só unha temperá amoestación fíxolle abandonar o choque por precaución. Volveu á titularidade unha semana despois en Riazor, completando os 90 minutos, mantendo esa condición no duelo ante a Linense converténdose xa nun fixo para o técnico.
Agora, coa súa ausencia asegurada para as próximas citas o equipo adestrado por Antonio Fernández queda curto de efectivos nos laterais defensivos, onde aínda se espera o regreso de Seoane no costado destro. Así, só Ángel Bastos aparece como especialista nesta demarcación, coa baza de situar no lado zurdo a Álex González. O capitán xa actuou aí nas dúas primeiras xornadas e aparece como a solución máis probable para o duelo da próxima xornada en Mérida (sábado 1 de outubro, 17.00 horas).
Este recurso, atrasando a Álex, abre pola súa banda un oco na banza esquerda ofensiva do equipo, un posto no que o adestrador conta con opcións e variables. Cunha semana de traballo por diante, abre o casting para entrar no once.
No que respecta a a enfermería, o que si se espera é poder recuperar a próxima xornada a Borja Domínguez, ausente da última convocatoria, e a Brais Abelenda, a quen unha sobrecarga muscular relegoulle ao banco o pasado domingo.
Relacionadas:
-
Samu Araújo, único futbolista a menor ritmo no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O contragolpe do Mérida noquea o Pontevedra (2-0)
Por Almu Dapena |
-
Antonio vaticina unha saída difícil ante un Mérida que "ten argumentos suficientes para gañar a calquera"
Por Diego Espiño |
-
Borja Domínguez e Samu Araújo, descartados para Mérida
Por Diego Espiño |
-
O Romano de Mérida, unha praza histórica inédita para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Valen, un debutante en Primeira RFEF que quere máis: "Véxome capacitado e creo que podo dar moito a este equipo"
Por Diego Espiño |
-
Antonio Fernández: "O equipo fixo unha das mellores primeiras partes da tempada"
Por Almu Dapena |
-
Un Pontevedra impotente non pasa do empate na casa ante o Linense (0-0)
Por Almu Dapena |