Borja Domínguez e Samu Araújo, descartados para Mérida
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol terá que superar unha dobre ausencia por lesión en, polo menos, o próximo partido de liga que lle medirá o sábado (17.00 horas) a domicilio ao Mérida.
Aínda que se daba por segura a ausencia para esta cita de Samu Araújo, non foi ata este xoves cando na súa habitual rolda de prensa semanal Antonio Fernández confirmou a lesión do lateral, sufrida no duelo do pasado domingo contra a Balompédica Linense.
"Ten unha rotura fibrilar", explicou o técnico sobre o lateral, que se tivo que retirar do terreo de xogo tras sufrir un tirón na parte posterior da súa perna dereita. Esta doenza fai que teña que "estar en repouso o tempo que estimen os servizos médicos, por non vai ser alineable nun par de semanas", avanzou Antonio.
Aínda que é complicado concretar o prazo exacto de convalecencia, esta non será menor a tres semanas, sendo o máis probable que rolde o mes sempre en función da súa evolución.
Na enfermería mantense tamén Borja Domínguez, tras caer da convocatoria a pasada xornada por outra doenza muscular. "Segue en proceso de recuperación, tamén con problemas musculares na perna esquerda. Mentres non estea co grupo non imos poder utilizalo", sinalou o preparado granate sobre o centrocampista, que estes días exercítase á marxe dos seus compañeiros.
As boas noticias a nivel de lesións chegan coa alta médica do gardameta Pablo Cacharrón, recuperado da súa operación de menisco, e tamén coa dispoñibilidade plena de Brais Abelenda tras a sobrecarga que lle mandou ao banco de suplentes por precaución fronte á Balompédica.
Relacionadas:
-
Samu Araújo, único futbolista a menor ritmo no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O contragolpe do Mérida noquea o Pontevedra (2-0)
Por Almu Dapena |
-
Antonio vaticina unha saída difícil ante un Mérida que "ten argumentos suficientes para gañar a calquera"
Por Diego Espiño |
-
O Romano de Mérida, unha praza histórica inédita para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Valen, un debutante en Primeira RFEF que quere máis: "Véxome capacitado e creo que podo dar moito a este equipo"
Por Diego Espiño |
-
A lesión de Samu Araújo, unha preocupación engadida para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Antonio Fernández: "O equipo fixo unha das mellores primeiras partes da tempada"
Por Almu Dapena |
-
Un Pontevedra impotente non pasa do empate na casa ante o Linense (0-0)
Por Almu Dapena |