Diego Romero e Jaime Duro estréanse no Mundial de Maratón cun dobrete na canoa curta
Por Diego Espiño
Primeira xornada soñada para o piragüismo pontevedrés no Campionato do Mundo de Maratón que se disputa ata o próximo domingoen a localidade portuguesa de Ponte de Lima.
A culpa tivérona Diego Romero (Breogán do Grove) e Jaime Duro (EP Ciudad de Pontevedra) na carreira curta de canoa C-1, ao dominar a proba para levar as medallas de ouro e de prata.
Os dous españois partiron diante, chegando ao primeiro porteo nun grupo de catro xunto aos polacos Kaminski e Borgiel. Con todo nese punto, en terra, Duro e Romero foron máis rápidos que os seus rivais volvendo á auga cun pequeno corte que terminaría sendo insalvable.
Os dous españois puxéronse de acordo para colaborar e distanciar aos seus perseguidores antes de xogarse entre eles o triunfo final tras 3,4 quilómetros de percorrido.
Esa vitoria foi para o máis experimentado dos dous, o arousán Diego Romero, cun tempo de 14 minutos e 55 segundos e con só 2.08 segundos de vantaxe sobre Jaime Duro. Terceiro sería o polaco Mateusz Kaminski a máis de 20 segundos.
¡Con firmeza y poderío! El #CanoESP conquista un doblete soberbio con el oro de Diego Romero y la plata de Jaime Duro en el K1 de Maratón Corto.#SomosPalistas | @camino_xacobeo pic.twitter.com/IiSzZtSed8
— PiragüismoEspaña (@RFEPiraguismo) September 29, 2022
Nada máis baixarse da canoa o flamante vencedor sinalaba á retransmisión oficial da proba que "a regata foi dura, escapámonos os dous españois no primeiro porteo e fomos colaborando toda a regata ata o final".
Jaime Duro pola súa banda recoñeceu que "despois do primeiro porteo tenteino pero estou moi contento coa medalla de prata".
Os dous padexeiros pontevedreses teñen por diante máis opcións de medalla no Campionato do Mundo de Piragüismo Maratón, Duro este mesmo venres xa coa carreira C-1 Sub23, na que tamén competirá Diego Piñeiro, compañeiro de equipo na EP Ciudad de Pontevedra. Na segunda xornada estará presente ademais Joaquín Iglesias (Piragüismo Verducido) no K-1 Sub23.
Pola súa banda Diego Romero, co seu primeiro ouro no peto, formará equipo o domingo no C-2 con Tono Campos defendendo o título mundial logrado hai un ano.
Relacionadas:
-
Tono Campos, medalla de ouro na proba curta do Mundial de Piragüismo Maratón
Por Diego Espiño |
-
Baño de ouro mundialista para Tono Campos e Diego Romero en C-2 e Tania Álvarez e Fernández en K-2
Por Almu Dapena |
-
Tono Campos faise co bronce no Mundial de Maratón
Por Almu Dapena |
-
Jaime Duro, campión do Mundo sub-23 de piragüismo maratón con Diego Piñeiro terceiro
Por Diego Espiño |
-
O Mundial de Ponte de Lima, reto para a armada pontevedresa de piragüismo maratón
Por Redacción |
-
O Piragüismo Verducido sobe ao podio no nacional de maratón
Por Redacción |
-
Tono Campos pecha a súa participación no europeo con outro ouro
Por Almu Dapena |
-
Tono Campos proclámase campión de Europa en C-1 de longa distancia
Por Almu Dapena |
-
Os pontevedreses Diego Piñeiro e Joaquín Iglesias, bronce no europeo de Dinamarca
Por Redacción |
-
Tono Campos consegue un bronce no debut do piragüismo galego no europeo de maratón
Por Redacción |