Desafío continental para os taekwondistas do Mat's Inés González e Sergio Troitiño
Por Redacción
Oito taekwondistas galegos, tres mulleres e cinco homes, participan estes días no Campionato de Europa Júnior de Pesos Olímpicos que se está a celebrar estes días en Riga, en Letonia.
Entre os integrantes desta selección galega se atopan os loitadores do Mat's de Marín Inés González e Sergio Troitiño. Nesta xornada de mércores tivo lugar a pesaxe de cada un dos participantes e os marinenses quedaron encadrados na categoría de máis de 67 e máis de 78 kilos respectivamente.
Helena García (+67, Dobok), Adrián Salanova (-68, Maniotas), Noa Romero, (Natural Sport), Javier Otero (Kae Sport), Samuel Meilán (Tao) e Mateo Boudjenane (Boudsport) completan a representación galega en Riga.
A competición comeza este xoves para os marinenses, así como para García e Salanova. Mentres que Romero, Otero, Meilán de Boudjenane farano o venres.
O técnico da Federación Galega Pablo Carou acompaña aos taekwondistas autonómicos nesta competición.