O ciclocrós internacional despídese por este ano de Galicia cunha bonita dobre xornada en Ribadumia e Sanxenxo
Por Redacción
Fin de festa ao calendario internacional de ciclocrós galego, que esta tempada contaba con cinco probas na comunidade das que catro tiñan lugar na comarca de Pontevedra.
As dúas últimas de feito, o sábado 15 e o domingo 16 de outubro, foron o Ciclocrós Internacional Concello de Ribadumia e o III Ciclocrós Internacional Con da Romaíña-Concello de Sanxenxo, ambos os dous de categoría UCI C2.
Na primeira das citas a belga Laura Verdonschot e o alacantino Felipe Orts (Burgos BH), ademais da selección italiana con catro vitorias, foron os grandes triunfadores da xornada ao vencer nas categorías absolutas.
En categoría júnior Uxía Soto (Supermercados Froiz), tivo que remontar para ser terceira tras as italianas Valentina Corvi e Federica Venturelli, resultado que se repetiu o domingo en Sanxenxo completando a corredora do Froiz o pleno de podios nas cinco citas internacionais do calendario galego, con María Filgueiras (XSM) e Aroa Otero (Supermercados Froiz) preto na clasificación.
Pola súa banda nas probas absolutas disputadas en Sanxenxo, non se repetiu a nómina de vencedores absolutos xa que o gran favorito, Felipe Orts, viuse penalizado por unha picada finalizando segundo tras o cántabro Kevin Suárez (Nesta-MMR), mentres que a triunfadora na carreira feminina foi Lucía González.
Tras as festas vividas por esta orde en Pontevedra, Marín, As Pontes, Ribadumia e Sanxenxo o ciclocrós galego céntrase agora no calendario autonómico e estatal.
Relacionadas:
-
Cinco ciclistas do Froiz, convocados para o Campionato de Europa de Ciclocrós
Por Redacción |
-
O ciclocrós internacional despídese por este ano de Galicia cunha bonita dobre xornada en Ribadumia e Sanxenxo
Por Redacción |
-
Dominio belga e neerlandés no ciclocrós XaxánCX de Marín cun bronce para a júnior Uxía Soto
Por Redacción |
-
Lucía González e Ryan Kamp gañan o Gran Premio Cidade de Pontevedra de ciclocrós
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Froiz presenta os seus integrantes do seu segundo ano no ciclocrós
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Pontevedra e o "efecto contaxio" para o ciclocrós galego
Por Diego Espiño |