Pablo Dapena pecha a tempada cun segundo posto no Ibiza Half Triathlon
Por Almu Dapena
Pablo Dapena, vestindo as cores do Triathlón Rías Baixas, deixou a mala sorte ao carón e fíxose cun segundo posto no Ibiza Half Triathlon, a última proba puntuable para a Copa de España de media e longa distancia.
Foi unha mañá de moita calor na illa e cunha temperatura da auga moi boa que permitiu aos triatletas nadar sen neopreno.
Ao redor das 8:00 deu comezo a proba e, tras 25 minutos dentro da auga, saíron os primeiros deportistas. Liderados por Guillem Vermellas e Carlos López en 25:15, Baledellou, Pablo Dapena e Nick Kastelein acompañáronos no grupo de cabeza.
No tramo ciclista de 90 quilómetros, o pontevedrés e Kastelein tomaron a primeira vantaxe alternándose o liderado e abrindo oco cos seguidores fóra de Roger Manyà, que foi remontando postos para, a falta de 8 quilómetros, atoparse coa cabeza de carreira e baixarse primeiro na T2.
Pero Pablo Dapena, unha vez superou a proba en bicicleta, afrontou os 21 quilómetros da carreira a pé e pasou as dúas primeiras voltas liderando a proba. Pero a falta de 5 quilómetros para a conclusión, Iñaki Balellou adiantou ao do Rías Baixas e venceu cun tempo de 3:58:13.
Dapena foi segundo a 2:23 e Alberto Moreno foi terceiro a 4:03. O Top 5 completárono Roger Manyà e Diego Mentrida.
Relacionadas:
-
Unha fractura nun dedo do pé pon en perigo o mundial de longa distancia para Pablo Dapena
Por Manu Otero |
-
Pablo Dapena renova co equipo BMC: "Non me esperaba poder estar catro anos neste equipo"
Por Diego Espiño |
-
O Tríatlon PC Rías Baixas celebra o seu segundo posto na Copa de España de Media e Longa Distancia
Por Redacción |
-
A mala sorte cébase con Pablo Dapena: unha picada obrígalle a abandonar o Challenge Peguera-Mallorca
Por Almu Dapena |
-
Pablo Dapena estrea as cores do Tríatlon Rías Baixas
Por Diego Espiño |
-
Un fallo mecánico na bicicleta obriga a Pablo Dapena a abandonar o Challenge San Remo
Por Almu Dapena |
-
Meritorio décimo posto de Pablo Dapena no PTO de Dallas
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena abandona no Mundial de Longa Distancia: "Preferí echarme a un lado y darme una oportunidad"
Por Almu Dapena |