Arribas sentenza a un defensivo Pontevedra que segue sen gañar fóra da casa (1-0)
Por Almu Dapena
O Pontevedra segue sen saber o que é gañar fóra de casa. E se xogas única e exclusivamente a defender, os goles nunca van chegar. Nin con balóns longos nin á desesperada cando o partido xa estaba perdido viu porta o cadro de Antonio Fernández, que se conformaba cun empate sen goles contra un Real Madrid Castilla que aínda non perdeu no Alfredo Di Stéfano.
Os granates chegaban á cita coas baixas dos titulares Álex González, Abelenda e Churre, polo que o técnico pontevedrés tivo que reinventar o seu once para competir ante o filial merengue. E competiu, defendendo e sen ver portería nun duelo accidentado marcado pola ofensiva madrileña e polo parón obrigado no minuto 68 porque saltaron as alarmas no estadio.
Ademais, Luís Martínez foi expulsado por unha segunda amarela, o que condicionou a recta final do partido para o Pontevedra.
Expuxo unha presión forte e alta intensidade o técnico granate ante a ameaza dun Real Madrid Castilla que tiña a posesión e gozaba do primeiro disparo entre os tres paus por medio de Peter pero que atallaba sen maiores problemas Cacharrón. Replicó ao momento o Pontevedra cun centro desde a esquerda, pero o cabezazo de Charles foise por fóra.
Era dono do balón o filial madrileño e os granates trataban de facer dano con balóns ás bandas e centros desde alí para que Alberto Rubio e Charles buscasen o remate.
Pero os que pasaban maiores apuros eran os de Antonio Fernández, obrigados a replegar para evitar sustos pero véndose superados polas combinacións dun Castilla que dominaba e combinaba como quería en campo contrario, pero faltáballe claridade arriba por culpa da boa colocación en defensa dun Pontevedra que se cubría ben as costas e evitaba os disparos a porta do rival.
Co paso dos minutos o ritmo foi baixando, o que querían os pontevedreses, que non atopaban a forma de dar tres pases seguidos: ou os interceptaban os xogadores brancos ou ían demasiado longos e os atacantes do Pontevedra non chegaban e o balón perdíase.
O Pontevedra tiña claro que non quería présas, non quería deixar espazos e, no caso de que houbese unha mínima opción de contragolpe do Castilla, facíase unha falta para gañar tempo e que os xogadores se recolocasen en defensa para evitar sustos.
E o susto chegou para os granates cando a primeira parte alcanzou a súa recta final cun centro desde banda dereita que Álvaro Martín rematou por fóra. Foi el mesmo o que non fallou na seguinte xogada, cabeceando un centro case calcado ao anterior ao interior da portería de Cacharrón, pero para fortuna do Pontevedra o dianteiro branco estaba en posición antirreglamentaria, o árbitro viuno e anulou o tanto.
Sen cambios chegouse ao descanso e tras o paso polos vestiarios o Pontevedra tivo a súa primeira chegada aínda que sen perigo para De Luis, que facía o seu primeiro simulacro de parada en todo o partido. Tras esa acción respondeu o Castilla cunha chegada de Dotor ata a liña de fondo, sacou un ‘pase da morte’ cara a Álvaro que a zaga granate liquidou á perfección.
Os de Antonio Fernández só querían que o tempo pasase, o protagonismo seguía sendo dos de Raúl González, pero a diferenza da primeira parte, nesta empezaban a xerar innumerables ocasións por medio de Álvaro e Arribas, que empezaban a asociarse e poñían en perigo a portería granate. Pero baixo paus estaba o muro Pablo Cacharrón, que xa fora o heroe a pasada xornada e aparecía nesta para salvar os mobles aos seus.
Detívose o partido no minuto 68, saltou a alarma de emerxencias e desaloxaron a bancada. Unha vez liquidado, os afeccionados volveron entrar ao Alfredo Di Stéfano e o duelo renovouse con normalidade.
Partido suspendido en Valdebebas@lafabricacrm 0:0 @PontevedraCFSAD
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) November 6, 2022
Pola megafonía piden que o público abandone as bancadas do Alfredo Di Stefano e o árbitro para o partido
68' pic.twitter.com/lrk3uhtaCr
Aínda quedaba moito tempo por diante e o parón obrigado, sumado aos cambios, parecía que veu ben a un Pontevedra que empezaba a fluír. Pero unha segunda amarela a Luís Martínez deixou cun efectivo menos aos granates, que xa tiña suficientes problemas en igualdade de condicións como para verllas en inferioridade numérica.
E chegou o gol de Castilla. Xusto, para que negalo. Disparou desde fóra da área de Álvaro Rodríguez , Pablo Cacharón rexeitou e Arribas xutou ao interior da portería granate para anotar o 1-0.
O Pontevedra xa se quedou sen opcións de rascar algo da visita ao filial do Real Madrid. Non rematara a porta e esperaba beneficiarse dun 0-0, pero recorrer á desesperada nos minutos finais co marcador en contra non lle serviu de nada.
REAL MADRID CASTILLA (1): De Luis, Tobías (Iker Bravo, min.74), Carrillo, Pablo Ramón, Mario Martín, Dotor, Arribas, Peter, Álvaro Martín, Edgar, Álvaro Rodríguez (Obrador, min. 99)
PONTEVEDRA CF (0): Pablo Cacharrón, Anxo Bastos (Sergio Abal, min.70), Samu Araújo (Yelko Pino, min.70), Miguel Román, David Soto, Alberto Rubio (Guèye, min. 54), Martín Diz (Rufo, min 62), Mario Ortiz, Charles (Oier Calvillo), min. 54, Borja Domínguez, Luís Martínez
Goles: 1-0, Sergio Arribas (min. 98)
Incidencias: Partido correspondente á undécima xornada de Primeira RFEF no Alfredo Di Stéfano ante aproximadamente 2.000 espectadores
Relacionadas:
-
Un Pontevedra brillante queda a cero pola súa falta de acerto fronte ao Fuenlabrada (0-0)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Un Pontevedra camaleónico no táctico testa a súa melloría contra o Fuenlabrada, segundo peor visitante do grupo
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra remonta en Manresa e sela o seu pase á seguinte rolda da Copa do Rei (1-3)
Por Almu Dapena |
-
Antonio Fernández: "A Copa non se xoga todos os anos, hai que darlle o valor que ten"
Por Diego Espiño |
-
Manresa desborda ilusión para recibir o Pontevedra na Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Con (case) todos para afrontar o reto da Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Pasar de rolda na Copa do Rei cotízase caro para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A falta de gol a domicilio, un mal que se enquista no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Antonio Fernández: "Estivemos moi ordenados e dificultamos moito ao Castilla"
Por Almu Dapena |
-
Álex González, principal dúbida do Pontevedra para visitar o Real Madrid Castilla: "Mañá valoraremos se viaxa ou non"
Por Diego Espiño |
-
Libasse Guèye, de volta en Pontevedra tras ser protagonista coa Selección Sub-23 de Senegal
Por Diego Espiño |
-
O Grupo I da Primeira RFEF, unha trituradora de adestradores
Por Diego Espiño |
-
Brais Abelenda, Churre, Sergio Moreira... o 'parte de guerra' tras o triunfo do Pontevedra contra o San Fernando
Por Diego Espiño |
-
Agónico triunfo e homenaxe a Neme en Pasarón (2-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
A baixa de Yelko por sanción abre novas opcións no once do Pontevedra
Por Diego Espiño |