Acordo entre Cisne e Cangas para unificar o prezo das entradas do derbi
Por Redacción
O balonmán pontevedrés respira derbi, co esperado partido que enfrontará o vindeiro sábado no pavillón do Gatañal o Cangas e o Club Cisne, correspondente á décima xornada de competición da Liga Asobal.
O bo ambiente nas bancadas está asegurado, e máis tras o acordo alcanzado entre os dous clubs para pactar o prezo das entradas para a afección visitante, e que será o mesmo que se fixe no choque de volta no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra.
Desta forma, segundo explicou o Cisne, os seus abonados poderán adquirir a súa entrada a un prezo de 15 euros, 7 euros no caso das categorías xuvenil e infantil.
O custo para o resto de afeccionados será de 25 euros.
Os tickets poden reservarse previamente a través do correo electrónico clubcisnebalonmano@gmail.com indicando nome e número de socio antes das 11.00 horas do sábado, pero tamén se poderán sacar no despacho de billetes do Gatañal presentando o carné de abonado do club pontevedrés.
Relacionadas:
-
Un superior Cangas dobrega o Cisne no derbi galego de Asobal (30-25)
Por Almu Dapena |
-
Un derbi entre Cangas e Cisne entre "as ganas e a necesidade de sumar puntos"
Por Diego Espiño |
-
O gafe do Cisne non ten fin: Iván Calvo deberá pasar polo quirófano
Por Diego Espiño |
-
O Cisne di adeus á Copa do Rei superado polo Ángel Ximénez (24-32)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Noite aciaga do Cisne ante o Bidasoa no seu regreso ao Municipal (19-28)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Un mes de novembro sen descanso para o Cisne
Por Diego Espiño |