Goleada de escándalo do Poio Pescamar o Rayo Majadahonda (12-0)
Por Redacción
Que o Poio Pescamar está de doce ninguén pode negalo, e menos despois de castigar cunha auténtica goleada de escándalo ao Rayo Majadahonda na Seca.
E é que o cadro vermello non tivo rival e fíxose co control en todos os aspectos nada máis comezar, coas madrileñas defendéndose como podían en cancha propia.
Pero pouco duroulles a portería a cero xa que aos cinco minutos, Marta Peñalver aproveitaba un rexeite para anotar o primeiro tanto. Un minuto despois, Laura Uña dobregábase ao seu par e facía o 2-0.
Tentou o Rayo atopar polo menos un gol que lle metese no partido, pero volvía ser castigado cun gol de Dani Sousa tras un envío longo desde campo propio. Foi a brasieña, precisamente, a que encarrilou aínda máis o duelo con outro tanto aproveitando un gol despexado por Montull. Quixo Marta Peñalver un dobrete e anotou o 5-0 a pase de Anna Escribano, que tamén se quixo unir á festa goleadora asinando o 6-0 co que se alcanzou o descanso.
Ao iniciarse o segundo acto e sen dar ningún tipo de tregua ás de Majadahonda, Sousa aparecía de novo para mandar á rede un centro chute de Escribano e deixar máis que sentenciada a goleada.
Apostou nese momento o Rayo polo xogo de cinco con Andrea como porteira xogadora, pero o castigo que veu despois foi maior. Tras un roubo de balón en primeira liña de presión, Marta Peñalver anotaba o oitavo gol tras un pase de Laura; segundos despois, Laura Uña de cabeza facía o noveno, e aparecía pouco despois para, cunha sutil vaselina, anotar o décimo do Poio Pescamar.
Tamén se estreou como goleadora a canteirá Alvite, que debutaba neste partido e marcaba o 11-0, mentres que Rocío aparecía para culminar unha rápida contra para facer o 12-0 co que concluíu o duelo.
POIO PESCAMAR (12): Elena, Luci, Martita, Rocío e Dani Sousa (quinteto inicial). Tamén xogaron, Anna Escribano, Dupuy, Marta Peñalver, Laura Uña, Elena Aragón, Alvite, Chiesa e Sandra Buzón (segunda porteira)
RAYO MAJADAHONDA (0): Montull; Marta de Diego, Moni, Peque e Pitxi (quinteto inicial). Tamén xogaron, Anacris, Andrea, Sofía e Lauri (segunda porteira)
Incidencias: A Seca. Colexiados, Ferrero Carballal e Orbegozo Cantón. Amoestaron Luci no Poio Pescamar e Sofía no Rayo Majadahonda.
Goles: 1-0, min. 5 Marta Peñalver. 2-0, min. 6 Laura Uña. 3-0, min. 11 Dani Sousa. 4-0, min. 15 Dani Sousa. 5-0, min. 16 Marta Peñalver. 6-0, min. 17 Anna Escribano. 7-0, min. 21 Dani Sousa. 8-0, min. 26 Marta Peñalver. 9-0, min. 26 Laura Uña. 10-0, min. 27 Laura Uña. 11-0, min. 29 Alvite. 12-0, min. 34 Rocío.
Relacionadas:
-
Vitoria en Ourense para un Poio Pescamar que segue intratable (0-3)
Por Almu Dapena |
-
Remontada e vitoria para o Poio Pescamar contra o Leganés (2-1)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Triunfo en Zaragoza para un Poio Pescamar que segue de doce (2-3)
Por Redacción |
-
O Cisne, a romper a súa mala serie en Valladolid nunha intensa fin de semana deportiva en Pontevedra
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar regresa a casa para enfrontarse o Rayo Majadahonda e o Marín Futsal viaxa a Elxe
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar fai os deberes en Alcorcón (0-3)
Por Almu Dapena |
-
'Coco' no sorteo de Copa para o Poio Pescamar e rival máis alcanzable para o Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar resolve pola vía rápida en Ceuta (0-7) para avanzar aos oitavos de Copa
Por Redacción |
-
Recital ofensivo do Poio Pescamar sobre o Alcantarilla para seguir invicto na Seca (4-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Remontada e primeira vitoria a domicilio para o Poio Pescamar (2-3)
Por Almu Dapena |