A visita do CD Tenerife a Pasarón pola Copa do Rey será o 21 de decembro ás 21 horas
Por Manu Otero
A Real Federación Española de Fútbol fixo público os horarios da segunda rolda da Copa do Rey, na que o Pontevedra recibirá en Pasarón ao CD Tenerife o mércores 21 de decembro ás 21 horas.
A eliminatoria, que en principio non será televisada por ningún dos operadores con dereitos de emisión da competición, resolverase a partido único na cancha pontevedresa.
Para o cadro granate será unha oportunidade única para tentar encher o seu estadio. Aínda que sexa entre semana e aínda co curso escolar en marcha, o horario elixido pola RFEF está fóra da quenda laboral máis habitual, polo que moitos afeccionados de Pontevedra e arredores poderán chegar a tempo para o partido.
OFICIAL | Xa temos horario para o partido de Copa do Rei ante o @CDTOficial
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) November 17, 2022
21 decembro
21:00
Pasarón #IzandoVelas #HaiQueRoelo #LaCopaMola https://t.co/e6c7Fm3hAf
O que non está determinado aínda é o prezo das entradas ou se a directiva granate lanzará algún tipo de oferta para conseguir unha boa entrada. En calquera caso, os abonados ao Pontevedra CF poderán acceder de forma gratuíta co seu carné.
Outro atractivo duelo que se disputa en chan galego, o CD Arenteiro contra o Atlético de Madrid, está previsto para as 21 horas do xoves 22 de decembro coas cámaras de Movistar + no terreo. Pola súa banda, o RC Celta visitará ao Gernika o mesmo día ás 19 horas.
Relacionadas:
-
Gueye vístese de Papa Noel e regala a Pontevedra unha nova festa de Copa á conta do Tenerife (2-1)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Roelio volve a Pasarón polo Nadal para un brinde copeiro
Por Manu Otero |
-
Promocións para a Copa do Rei, con entrada de balde para menores de 16 anos
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra vence e convence en Ceuta para facerse coa súa primeira vitoria a domicilio en liga (1-2)
Por Almu Dapena |
-
Oier Calvillo mantense na enfermería e evita a primeira semana con dispoñibilidade plena no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Queixa do Ceuta, próximo rival do Pontevedra, por "penaltis non concedidos, goles anulados, expulsións rigorosas e deficiente trato aos nosos futbolistas"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra, ante unha semana clave con visita ao pechacancelas Ceuta
Por Diego Espiño |
-
O Tenerife, rival do Pontevedra na segunda rolda da Copa do Rei
Por Manu Otero |
-
Un equipo de Segunda División en Pasarón para a segunda rolda da Copa do Rei
Por Diego Espiño |