Xornada de boxeo na Cañota coa cuarta edición da Copa Galicia
Por Redacción & Cristina Saiz
Marín, e máis concretamente o Pavillón da Cañota, vibrou este sábado cunha xornada de boxeo coa cuarta edición da Copa Galicia, unha cita imperdible para os afeccionados a este deporte.
"O maior evento boxeístico da historia de Marín", organizado polo Team Thunder, trouxo á vila aos mellores boxeadores de Biscaia, que tentaron terminar co dominio absoluto galego desde o inicio desta competición no ano 2017.
Este enfrontamento consiste no enfrontamento dun combinado galego contra outra selección autonómica de España en diferentes pesos. Cataluña foi o rival das dúas primeiras edicións e, tras un parón pola pandemia, a Comunidade Valenciana tomou a substitución, sendo elixido para esta ocasión o conxunto vasco.
A partir das 17:00 horas tomou parte o boxeo local coa disputa de doce combates previos á disputa dunha Copa Galicia na que participaron Jorge Alonso, Cristian Teira, Diego Benítez, Izan López, Martín García e Aarón González. Tamén competiron os boxeadores profesionais Alex 'Ciclón' Barros e Kike 'Rayito' García, que fixeron unha auténtica demostración de boxeo.
CLAUSURA DAS ACTIVIDADES DA FEDERACIÓN GALEGA DE BOXEO
O secretario xeral para o Deportes, José Ramón Lete Lasa, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participaron durante a matinal deste sábado en Marín na clausura das actividades levadas a cabo pola Federación Galega de Boxeo ao amparo do Plan Corresponsables para que as familias galegas tivesen á súa disposición actividades de animación socio deportiva para nenos e nenas ata os 16 anos.
En total participaron máis de 400 nenos e nenas nestas actividades, que foron totalmente gratuítas e posibilitaron unha mellora na concentración e nos hábitos dos menores, así como a conciliación de familias nunha situación económica complexa.
Ademais destas actividades, nas que se entregaron 200 pares de luvas e 300 camisetas, nos meses de xullo e agosto a Federación Galega de Boxeo puxo ao dispor das familias os clubs e as instalacións do Plan Corresponsables a custo cero. Segundo a Federación, como resultado de todas estas accións, "máis do 40% de participantes queren continuar practicando boxeo".
Relacionadas:
-
Fin de semana redonda para o Team Thunder nos campionatos galegos
Por Redacción |
-
O boxeador Aarón González adestra co campión mundial arxentino, Marabilla Martínez
Por Redacción |
-
O Team Thunder celebra unha festa para presentar o equipo de competición para un "prometedor" 2023
Por Oskar Viéitez |
-
A Cañota volverá ser o epicentro do mellor boxeo de Galicia o 26 de novembro
Por Redacción |
-
O boxeo marinense báñase de ouro da man de Carla Agís e Yohana Jiménez
Por Redacción |
-
De Australia a Marín empuxado pola súa paixón polo boxeo
Por Redacción |