O Móstoles castiga a un Marín sen ideas (7-2)
Por Redacción
Duro castigo o recibido polo Marín Futsal este sábado ante o Móstoles. As de Ramiro Díaz empezaron con mal pé o partido e víronse castigadas polo empuxe local para finalmente caer goleadas por un contundente e duro 7-2.
O acerto na finalización e a falta de ideas do cadro visitante foron claves no inicio do duelo entre Marín e Móstoles. E é que en só 5 minutos o conxunto madrileño xa se atopaba cun parcial a favor de 3-0 que que poñía contra as cordas ao seu rival. Anotou Benete dous tantos, o primeiro ao segundo pau aproveitando un centro a media altura de Celia e o segundo en xogada persoal de disparo cruzado. Pouco despois, Celia facía o terceiro tanto cun remate tras pase desde a dereita de Benete.
O Marín tentou aguantar ao Móstoles e reduciu diferenzas cun gol de Bea Mateos aproveitando un balón rexeitado na área local. A partir de aí intercalou momentos co xogo de cinco, pero de novo víronse castigadas co acerto de Benete que anotaba un hat-trik tras un roubo a metade de cancha e Forsiuk, a pase de Celia, enviaba o partido ao descanso cun resultado de 5-1.
Despois do descanso, Ramiro Díaz volveu apostar por momentos con xogo de cinco en busca dunha reacción que chegou cun gol de Ale de Paz, que sacou un forte disparo co que reduciu diferenzas.
Pero o resultado e o tempo corría a favor do Móstoles, que vía a desesperación nun Marín que por máis que o tentaba non lle saían as cousas. E máis cando Benete volvía golpear pouco despois cun disparo cruzado e Celia, desde cancha propia a porta baleira, asinaba o definitivo 7-2.
MÓSTOLES (7): Ari, Inma, Celia, Bente e Rafinha (cinco inicial). Tamén xogaron, Forsiuk, Ampi e Montufo
MARÍN FUTSAL (2): Silvia Aguete; Jessy, Pau, Ceci e Ale de Paz (quinteto inicial). Tamén xogaron, María León, Adri, Bea Mateos e Lara Balseiro.
Incidencias: Villafontana. Partido arbitrado por González Moreta e Moreno Durán. Amoestaron a Ale de Paz e Ramiro Díaz, adestrador do Marín .
Goles: 1-0, min. 2 Benete. 2-0, min. 3 Benete. 3-0, min. 5 Celia. 3-1, min. 7 Bea Mateos. 4-1, min. 14 Benete. 5-1, min. 18 Forsiuk. 5-2, min. 30 Ale de Paz. 6-2, min. 32 Benete, 7-2, min. 37 Celia.
Relacionadas:
-
O Marín Futsal pon fin á súa mala serie cunha agónica vitoria contra o Teldeportivo na Raña (4-3)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Resísteselle a vitoria ao Marín Futsal, que cae contra o Alcantarilla (4-1)
Por Redacción |
-
Pase con sufrimento do Marín Futsal á fase final da Copa da Raíña (3-6)
Por Redacción |
-
Un Marín Futsal negado ante o gol cae contra o Amarelle no derbi galego (0-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Exame ao bo momento do Poio Pescamar e oportunidade para o Marín Futsal de recuperar o ritmo
Por Redacción |
-
O colíder Futsi Navalcarnero non dá opcións o Marín Futsal (0-4)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Marín Futsal sofre, pero supera o Joventut D'Elx pola mínima
Por Redacción |
-
Excesivo castigo para o Marín Futsal ante o líder Burela (1-5)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Marín rescata un punto contra o Alcorcón (1-1)
Por Redacción & Cristina Saiz |