As inscricións para a San Silvestre de Pontevedra, a partir do 20 de decembro
Por Redacción
A San Silvestre de Pontevedra quece motores para a súa edición de 2022, un ano especial por poder recuperar, ao final, a normalidade no seu desenvolvemento sen ningún tipo de restrición.
Aínda que falta máis dun mes para a súa celebración, a Sociedad Gimnástica deu a coñecer os detalles para formalizar a inscrición para participar no popular evento deportivo que pecha tradicionalmente o ano na cidade, e fíxoo con novidades.
Nesta ocasión o lugar para anotarse para a San Silvestre será a planta superior do Mercado de Abastos, a partir do próximo 20 de decembro.
En concreo do 20 ao 23 de decembro poderanse formalizar as inscricións en horario de 17.30 a 20.30 horas, de luns 26 ao venres 30 á mesma hora pero tamén entre 10.30 e 13.30 horas, e o propio día da carreira, o 31 de decembro, será posible anotarse de 10.30 a 13.30 horas.
Como en anteriores ocasións non haberá custo de inscrición, pero para participar será obrigatorio contar con dorsal. Solicitarase, iso si, a colaboración voluntaria dos participantes con 1 euros por cada dorsal para afrontar os custos de organización, e tamén se recollerán alimentos non perecedoiros para ser doados ao Banco de Alimentos de Pontevedra.
O obxectivo coa San Silvestre 2022, asegura a Gimnástica, será superar os 7.000 participantes, o que supoñería superar o récord establecido no ano 2019.
Relacionadas:
-
A San Silvestre abre inscricións no Mercado de Abastos
Por Redacción |
-
A Gimnástica instala puntos de información na cidade para dar a coñecer os detalles da San Silvestre
Por Redacción |
-
Así será o percorrido da San Silvestre 2022
Por Diego Espiño |
-
As clases de zumba volven á San Silvestre para animar os instantes previos á saída
Por Redacción |
-
A San Silvestre de Pontevedra recupera o seu formato habitual
Por Diego Espiño |
-
Rara e solleira San Silvestre para despedir o ano como marca a tradición
Por Manu Otero & Mónica Patxot |