O cordobesista Gudelj recibe tres partidos de sanción pola súa salvaxe entrada sobre Román
Por Manu Otero
A acción antideportiva vivida o pasado mércores no estadio Arcángel de Córdoba que terminou co granate Miguel Román substituído por lesión e co blanquiverde Gudelj expulsado xa ten castigo. O central do equipo andaluz deberá cumprir tres partidos de sanción.
Pero o xuíz único de competición non castigou a entrada que puido supoñer unha grave lesión para o mediocentro pontevedrés, ve máis grave as protestas posteriores do futbolista serbio, que chegou a chamar "sinvergüenzas" aos integrantes do colectivo arbitral. Razón pola que amplian a suspensión a dous partidos adicionais. Así, o cordobesista deberá cumprir un total de tres partidos de sanción.
Gudelj foi expulsado ao redor do minuto 15 da primeira parte do partido cando, nun balón dividido, lanzouse a nivel de chan con forza excesiva a cortar un balón ao que Román chegaba con sobrada vantaxe. Lonxe de retirar a perna, o xogador local golpea cos tacos da súa bota a morna de Román. O árbitro non dubidou e mostroulle a tarxeta vermella. Unha decisión que o futbolista non entendeu e levoulle a desprezar aos colexiados mentres se dirixía ao túnel de vestiarios.
Pola súa banda, o pivote de Gondomar só puido aguantar dez minutos máis sobre o céspede ata que tivo que ser substituído con grandes signos de dor no seu rostro.
Xa na acta do partido, o árbitro explicou que Gudelj fora expulsado por "derrubar a un adversario, con uso de forza excesiva, na disputa do balón, tendo este que ser atendido e podendo continuar xogando".
No apartado doutras incidencias, puntualizou o árbitro Cambronero González que "unha vez que foi expulsado e dirixíase de camiño a vestiarios, dirixiuse ao cuarto árbitro e ao asistente número 1 nos seguintes termos: 'Sodes uns sinverüenzas!', tendo que ser separado e retirado por un integrante do corpo técnico do seu equipo".
A de Gudelj non foi unha acción illada. Xa no segundo tempo, o defensor Javi Flores debeu ver a tarxeta vermella por unha violenta entrada sobre Diego Seoane que lle causou unha ferida no nocello.
Relacionadas:
-
Antonio Fernández: "É vital conseguir os tres puntos o domingo"
Por Manu Otero |
-
Miguel Román, Cacharrón, Seoane... Un parte de guerra no peor momento
Por Diego Espiño |
-
Antonio Fernández, tras a derrota en Córdoba: "Creo que fixemos todo o posible para puntuar aquí"
Por Diego Espiño |
-
Dura derrota do Pontevedra en Córdoba tras xogar 80 minutos en superioridade (1-0)
Por Diego Espiño |