San Brais estreará o ano de carreiras populares o día 29 de xaneiro
Por Redacción
Os primeiros compases de 2023 sedarán en Salcedo correndo grazas á XI edición da Carreira Pedestre San Brais.
A Asociación Veciñal Salcedo Norte dará continuidade ao evento tras recuperalo en 2022 despois de varios anos de ausencia (non se celebraba desde 2017), estando previsto para o vindeiro domingo día 29 de xaneiro.
A proba popular contará con carreiras para as categorías de base desde as 11.15 horas da mañá ata chegar ás 12.30 horas, cando se dará saída á carreira absoluta cunha distancia de 6.615 metros.
Tanto a saída como a chegada estará fixada no centro comercial Carrefour de Salcedo, completándose as actividades con sorteo de lacóns entre os participantes e unha chocolatada.
As inscricións, gratuítas para os menores de idade e cun custo de 7 euros para os adultos, poden formalizarse en www.championchipnorte.com ata as 23.59 horas do día 23 de xaneiro.
Relacionadas:
-
San Brais abre o ano de carreiras populares con 349 rexistrados
Por Diego Espiño |
-
Dispositivo especial de tráfico con motivo da Carreira de San Brais
Por Redacción |
-
Preto de 300 corredores de todas as idades celebran a décima edición da Carreira Pedestre de San Brais
Por Redacción & Cristina Saiz |