Nova lesión de Gabriel Cavalcanti: estará ao redor dun mes de baixa
Por Diego Espiño
Nin o parón do Nadal frea o gafe do Club Cisne Balonmán coas lesións.
Cando parecía que o descanso podía ser reparador, o ano deportivo comezou cun novo problema físico dun dos seus xogadores importantes, Gabriel Cavalcanti.
A primeira liña portugués regresou da convocatoria internacional coa súa selección de final de ano cun ombreiro danado, polo que estes días someteuse a diversas probas médicas para determinar o alcance da doenza.
"Fastidiou o tendón supraespinoso, ten unha rotura parcial", confirma o presidente cisneísta, Santiago Picallo, aínda que como mal menor "o diágnóstico é que é máis pequena do que pensabamos e se cadra en tres ou catro semanas poderá estar recuperado".
Do mal, o menor, aínda que Cavalcanti perderá o mes de 'minipretempada' do equipo e, se chega ao reinicio da Liga Asobal, farao sen apenas ter podido adestrar en condicións.
Trátase da terceira incidencia fisica esta tempada dun xogador que foi especialmente castigado polas lesións. Fixéronlle perderse ata sete xornadas de liga. Primeiro foi unha doenza nas costas a que lle apartou das canchas un par de semanas, e despois cando xa estaba recuperado sufriu unha rotura dos ósos propios do nariz.
Coa súa baixa a enfermería do Cisne segue sen poder baleirarse, sumándose ao seu compañeiro Iván Calvo, á espera de poder operarse desde o pasado mes de novembro pero que por fin conta co OK da mutua para someterse á intervención. Desde o club confían en que a mesma se poida producir nun curto período de tempo.
Relacionadas:
-
O regreso da liga Asobal trae ao Municipal ao Anaitasuna de Quique Domínguez
Por Manu Otero |
-
O Cisne supera o Nava no primeiro partido do I Torneo Invernal de Balonmán (23-25)
Por Redacción |
-
Posta de longo de Calin Dedu e Dani Serrano como xogadores do Cisne: "É un gran reto"
Por Diego Espiño |
-
O Cisne finaliza en cuarta posición o II Torneo Internacional Cidade de Pontevedra
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Atlético Novás supera o Cisne e leva o Memorial Luaces (22-24)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Nadal queda atrás para o Cisne cunha volta ao traballo chea de ausencias
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O pivote Calin Dedu incorpórase ao Cisne cedido polo Dinamo de Bucarest
Por Oskar Viéitez |
-
Álex Chan, convocado con Estados Unidos para o Mundial de Polonia e Suecia: "Non foi unha sorpresa"
Por Almu Dapena |