Diversión de Nadal para os alumnos da Escola Municipal de Atletismo
Por Mónica Patxot
Os preto de 150 alumnos da Escola Municipal de Atletismo gozaron este mércores do xa tradicional Festival de Nadal, organizado pola Sociedad Gimnástica coa colaboración do Instituto Municipal de Deportes.
O Pavillón Municipal converteuse nunha improvisada pista de atletismo na que os mozos deportistas demostraron a súa evolución despois de tres meses de adestramento.
Os monitores da escola adaptaron a instalación para poder realizar lanzamentos de peso, probas de velocidade ou salto de lonxitude durante a hora aproximada de duración do festival.
Os atletas da Escola Municipal volverán aos adestramentos tras as festas do Nadal, aínda que o próximo sábado os deportistas benxamíns, alevíns e infantís afrontarán a terceira xornada do Xogatlón no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.