Cinco medallas para Froiz e XSM no Campionato de España de Ciclocrós
Por Almu Dapena
O Campionato de España de Ciclocrós que se celebrou esta fin de semana en Vic tivo o selo tanto do GD Supermercados Froiz como do XSM de Marín.
Co primeiro posto de Gonzalo Inguazo e o segundo de Miguel Rodríguez na carreira sub23, e o bronce de Aroa Otero na júnior, a escuadra conserveira coroouse na competición nacional, mentres que o equipo de Marín fixo o propio cun ouro a cadete Lorena Patiño vestindo a elástica da Selección de Galicia e a prata júnior de María Filgueiras.
Foi unha fin de semana tanto para os equipos pontevedreses como para a Selección galega, que realizou unha auténtica exhibición demostrando o gran nivel que teñen os seus corredores.
Na xornada do sábado destacou o ouro da cadete Lorena Patiño, ciclista do XSM e gañadora das nove citas da Copa de España. Xa nos primeiros compases rompeu a carreira e ningunha adversaria foi capaz de darlle caza, impoñéndose cunha vantaxe de 43 segundos sobre Leyre Almea. O podio completouno Lida Castro.
Xa o domingo chegou o momento das carreiras máis esperadas e nas que estaban postos todos os ollos: a júnior masculina, sub23 masculina, elite-sub23-junior feminina e elite masculina.
Precisamente foi nestas carreiras nas que o Froiz e o XSM brillaron cos seus representantes, superando a importantes rivais para alzarse cun posto nos podios.
No caso da carreira sub23 masculina, a escuadra alimenticia foi clara dominadora, con Gonzalo Inguazo proclamándose campión de España e Miguel Rodríguez subcampión. Inguazo fixo un auténtico carreirón dominando en todo momento e cruzando a liña de meta a 24 segundos do seu compañeiro. Completou o podio Alain Suárez do Nesta.
Por último, o broche á cita nacional puxérono a galegas María Filgueiras (+0,23) e Aroa Otero (+0,32), cunha prata e un bronce en categoría júnior, e os cuartos postos de Irene Trabazo na carreira elite e o de Laura Mira, do Froiz, na Sub23.
Relacionadas:
-
A ciclista marinense Lorena Patiño revalida o seu título como campioa de España de BTT en categoría cadete
Por Redacción |
-
Pontevedra repetirá este 2023 como unha das sedes da Copa de España de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Uxía Soto, María Filgueiras e Gonzalo Inguanzo, convocados para o Campionato do Mundo de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Dous corredores do Froiz, entre os vinte mellores da Copa do Mundo de Benidorm
Por Redacción |
-
Laura Mira e Samuel González proclámanse campións autonómicos de ciclocrós en Poio
Por Redacción |
-
Laura Mira e Marta Estévez poñen a guinda á Copa Galicia de Ciclocrós para o Froiz
Por Redacción |
-
Boa actuación do Froiz e XSM na Copa de España de Ciclocrós
Por Redacción |
-
O Froiz consolida o seu bo momento nunha semana maratón na Copa Galicia de Ciclocrós
Por Redacción |