Xornada solidaria de atletismo en favor de Gustavo Dacal
Por Redacción
A Federación Galega de Atletismo, en colaboración coa Sociedad Gimnástica de Pontevedra, organizará a proba solidaria ¨Axudemos a Gustavo Dacal¨ que se desenvolverá o vindeiro día 22 de xaneiro nas pistas do CGTD de Pontevedra a partir das 10 horas.
O calendario de probas incluirá carreiras de medio fondo e fondo para as categorías base e absolutas, así como os concursos de disco e xavelina.
A finalidade desta xornada non é outra que a de recadar fondos cos que poder sufragar a estancia de Gustavo Dacal no hospital mexicano no que sigue ingresado. Para elo toda a recadación da xornada irá integramente a súa conta existindo tamén a posibilidade de contribuir co dorsal solidario.
Cómpre lembrar que dende finais do mes de decembro, quen fora campión e plusmarquista de España na modalidade de xavelina, atópase hospitalizado como consecuencia dun contaxio de dengue ocasionado pola picadura dun mosquito e cuxas graves complicacións, derivaron nunha infección da columna vertebral que o manteñen ingresado.
Desde hai anos, o ex lanzador internacional da Gimnástica de Pontevedra e da Selección Galega, atopábase en México dirixindo e controlando a preparación internacional dos lanzadores e lanzadoras aztecas.
De feito, nos últimos días o deportista foi trasladado a un hospital público onde recibe as mellores atencións médicas e evoluciona favorablemente das tres intervencións cirúrxicas ás que foi sometido.
Relacionadas:
-
A Gimnástica fixa para o 16 de febreiro a celebración da súa asemblea xeral
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas recada 4.000 euros para axudar a Gustavo Dacal na súa recuperación
Por Redacción |
-
Choiva de medallas para a Gimnástica no autonómico de pista cuberta
Por Redacción |
-
O CGTD acolle o control solidario para recadar fondos e axudar a Gustavo Dacal
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
A Gimnástica participará en calidade de club convidado na primeira gran competición do ano
Por Redacción |
-
Medio milleiro de atletas apoiarán a Gustavo Dacal no control solidario do CGTD
Por Redacción |
-
A gala solidaria "Todos con Gustavo Dacal" celebrarase o venres 27 de xaneiro en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
A elite do deporte español grava un vídeo para apoiar e pedir axuda para Gustavo Dacal
Por Manu Otero |
-
Organizan unha gala benéfica para recadar fondos que custeen o tratamento de Gustavo Dacal en México
Por Redacción |
-
Gustavo Dacal: "Estou ben dentro das circunstancias. Nunca vou poder pagarvos todo o que estades a facer por min"
Por Diego Espiño |
-
Gustavo Dacal supera unha "operación decisiva" en México, onde permanece hospitalizado
Por Diego Espiño |