O Poio Pescamar comeza a segunda volta con vitoria ante o Joventut d'Elx (0-2)
Por Almu Dapena
Ao Poio Pescamar non hai quen lle pare o ritmo e comezou a segunda volta cun novo triunfo a domicilio. O seu verdugo nesta ocasión foi o Joventut d'Elx, un equipo reforzado tras gañar os dous últimos partidos pero que nada puido facer para superar ás conserveiras, que se mostraron firmes en todo momento e non temeron polo resultado.
Arrincou o encontro con ocasións de Laura Uña. A primeira cun man a man diante de Tere e a segunda un contragolpe pola banda esquerda que de novo atopouse coa gardameta.
O ritmo de xogo marcábao o Poio, que dominaba en todo momento e non sufría ante a presión dun rival que tentaba facer dano ao contragolpe.
Pero as oportunidades claras eran das vermellas, que buscaban o tanto á contra con Rocío Gómez ou con Laura Uña, incapaz de bater a Teresa, que liquidaba coa man esquerda o disparo que terminaba rozando o traveseiro.
Con todo, aos once minutos de xogo o Poio Pescamar logrou abrir o marcador. Elena Aragón iniciou unha xogada polo centro que culminou cun disparo que despexou Teresa, pero o balón quedou nos pés de Uña que cedeu a Aragón para que, de socato, anotase o 0-1.
Foi no tramo final do primeiro acto e ao comezo do segundo cando as de Elxe buscaron o tanto con maior intensidade. O resultado era desfavorable e necesitaban unha reacción case urxente, así que aumentaron o ritmo e protagonizaron algúns achegamentos de perigo na área de Sandra Buzón, que tiña que intervir con maior asiduidade que na primeira metade.
Precisamente foi a gardameta a que evitou o gol local nunha das xogadas máis claras, pero seguía sendo o Poio o que xeraba maiores e mellores ocasións a pesar das ausencias das lesionadas Julia Dupuy e Dani Sousa.
Buscaban as vermellas o segundo e terminou chegando. Peñalver xutaba o balón á madeira e esa mesma xogada saldábase cun libre indirecto por man de Maite que enviaba Rocío Gómez moi pegado ao pau para que Luci metese na rede e sentenciase o encontro.
A menos de cinco minutos para o final optou o Joventut polo xogo de cinco con Aitana como porteira xogadora pero o Poio soubo contemporizar cada posesión para evitar riscos e sumar o 14 triunfo da tempada.
JOVENTUT D'ELX (0): Teresa; Peque, Aitana, Sasha e Judit (quinteto inicial). Tamén xogaron, Eli, Maite, Lydia, Sara Roelas y Bianca.
POIO PESCAMAR (2): Sandra Buzón; Laura Uña, Irene García, Rocío e Luci (quinteto inicial). Tamén xogaron, Martita, Marta Peñalver, Anna Escribano, Elena Aragón y Chiesa.
Goles: 0-1, min. 11 Elena Aragón. 0-2, min. 33 Luci.
Incidencias: Carrús. Colexiados, Pérez Climent e Soler Vañó. Amoestaron a Marta Peñalver no Poio Pescamar.