Nova medida de Toni Otero: Pechadura á prensa
Por Diego Espiño
A era de Toni Otero como adestrador do Pontevedra Club de Fútbol comezou con cambios en moitos dos aspectos que rodean ao primeiro plantel granate.
Se a primeira medida adoptada por Otero foi apartar ao ata hai uns días segundo adestrador, Sergio Moreira, para incorporar no seu lugar a un home da súa confianza como Jony Chavanel, agora fíxose formal un novo cambio, o de poñer terra polo medio cos medios de comunicación que cobren a actualidade do equipo.
Na súa primeira sesión, na previa do duelo ante La Balona, permitiuse áos xornalistas presenciar soamente os primeiros compases do adestramento, e este mércores co regreso ao traballo tras unha xornada de descanso deuse un paso máis.
O director deportivo e agora tamén adestrador decidiu blindar o primeiro plantel comunicando ao club que non quere á prensa dentro das instalacións de traballo, marcando distancia co que viña sucedendo na etapa de Antonio Fernández.
Trátase dunha decisión que non impide en todo caso seguir en directo as sesións que habitualmente se desenvolven no complexo municipal Manolo Barreiro da Xunqueira dadas as súas carecterísticas abertas cara a Illa das Esculturas, pero que obrigan a facelo desde o exterior do perímetro e que poñen de manifesto canto menos as intencións de Toni Otero.
Unha medida que, en lugar de buscar unir forzas para escapar dunha complicada situación como a que vive o equipo granate, supón unha pequena pedra máis na división que rodea actualmente o Pontevedra e que afasta un pouco máis se cabe o afeccionado.
Onde non se esperan cambios é na rolda de prensa semanal que o primeiro adestrador do equipo ofrece habitualmente dous días antes de cada xornada de liga.
Relacionadas:
-
Toni Otero rectifica e abre os adestramentos á prensa
Por Diego Espiño |
-
Un gol de Charles no minuto 90 salva o Pontevedra contra o Castilla (1-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Xornadas de terapia... e man dura: "Se volvo coller a alguén despistado vaise"
Por Diego Espiño |
-
Toni Otero: "É complicado con cinco adestramentos cambiar moitas cousas"
Por Diego Espiño |
-
O Real Madrid Castilla e a tarde que elevou a Rufo a ídolo de Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Borja Domínguez e Brais Abelenda, KO para a visita do Castilla
Por Diego Espiño |
-
Antonio Fernández despídese do Pontevedra cunha sincera mensaxe en redes sociais
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra encaixa a súa maior goleada das dúas últimas tempadas no debut de Toni Otero como adestrador
Por Manu Otero |
-
Toni Otero: "Faltou actitude, non faltou nada máis"
Por Almu Dapena |
-
A Balona golea a un Pontevedra tocado e afundido (3-0)
Por Almu Dapena |
-
Primeira medida da era Toni: o segundo adestrador, Sergio Moreira, apartado
Por Manu Otero |
-
Toni Otero: "Confío cegamente neste plantel, é competitivo para non estar onde está"
Por Manu Otero |
-
Toni Otero colle o temón do Pontevedra
Por Manu Otero |