Bo ambiente, sol e deporte para gozar da XI Carreira Pedestre San Brais
Por Cristina Saiz & Redacción
Con motivo das festas de San Brais, Salcedo viviu este domingo una das súas citas máis importantes do calendario: a súa xa habitual Carreira Pedrestre.
Esta undécima edición é a encargada de inaugurar o calendario de probas deportivas de Pontevedra e tamén das Festas de San Brais 2023, que este ano se desenvolverán entre os días 29 de xaneiro e 5 de febreiro.
A carreira arrincou ás 11:15 horas coas categorías base, onde os máis pequenos puideron gozar dunha xornada deportiva, pero sobre todo lúdica, acompañada dun sol estupendo que animaba a calquera a participar.
O broche de ouro a esta XI Carreira Pedestre San Brais púxoo a carreira absoluta, onde os deportistas tiveron que percorrer unha distancia de 6.615 metros con saída e chegada no centro comercial Carrefour de Salcedo,
O primeiro en atravesar a liña de meta foi Amadeo Abal, cun tempo de 21:31. Seguíronlle Jorge Cortés e Alan Sardinero, que completaron o podio masculino cun crono de 22:22 e 22:39, respectivamente.
Pola súa banda, Marga Villaverde foi a gañadora feminina parando o tempo en 28:34, María Aurora González foi segunda (28:36) e Tania Domínguez chegou terceira (30:57).
As carreiras estiveron acompañadas de numerosas actividades, sorteos de lacones entre os 349 participantes (199 menores de idade) e unha chocolatada.
Relacionadas:
-
San Brais abre o ano de carreiras populares co obxectivo de "chegar ás cifras do ano pasado"
Por Almu Dapena |
-
A Carreira Pedestre San Brais alcanza a súa 12 edición
Por Redacción |
-
Rebordelo presenta o programa da festa de San Brais
Por Redacción |
-
San Brais abre o ano de carreiras populares con 349 rexistrados
Por Diego Espiño |
-
Dispositivo especial de tráfico con motivo da Carreira de San Brais
Por Redacción |