A Gimnástica fixa para o 16 de febreiro a celebración da súa asemblea xeral
Por Redacción
A Sociedad Gimnástica de Pontevedra convoca a súa asemblea xeral ordinaria correspondente ao ano 2023 para o xoves 16 de febreiro ás 20 horas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Tras a lectura da aprobación da acta anterior, a orde do día contempla a lectura do informe e memoria deportiva da tempada pasada, na que destacan os resultados obtidos nos campionatos galegos ou as permanencias o as ligas de División de Honra Masculina e Promera División Feminina, asi como os resultados individuais de atletas como Iñaki Cañal ou Antía Chamosa.
Este punto inclúe tamén un balance sobre as competicións organizadas pola entidade pontevedresa, entre as que sobresaen o XLVIII Trofeo Boa Vila, XLVI Trofeo Sociedad Gimnástica de Pontevedra, XXVII Trofeo Cidade de Pontevedra, XXIII Memorial Celso Mariño, XLVI Trofeo Peregrina, VI Saltar na Rúa, XL Gran Fondo Caixabank – XXVII Medio Maratón de Pontevedra – III 10km e a San Silvestre de Pontevedra 2022.
A xunta continuará coa aprobación da memoria, liquidación do orzamento, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación, se procede, correspondente a 2022. Tamén está prevista a aprobación do orzamento do ano 2023.
Pecharase o acto co nomeamento dun novo club filial para a Sociedad Gimnástica. O Club Atletismo Sada pasará a depender en categoría máster da escuadra lerezana. Xa son filiais do equipo pontevedrés para esta tempada o Asociación Deportiva CAR, o Atletismo Ría de Arousa, o CD Pinarium, o Club Atletismo Sada e o San Miguel de Marín en categoría de menores. Ademais, tamén son filiais o Club Atletismo Negreira exclusivamente en categoría feminina de menores e o Atletismo Deza só en masculina, tamén en menores.
O encontro concluirá co tradicional apartado de rogos e preguntas.