Gustavo Dacal seguirá coa súa rehabilitación na Coruña
Por Redacción
Gustavo Dacal regresará a Galicia o próximo 14 de febreiro.
O ex-atleta, campión e plusmarquista nacional de xavelina, xa conta cos voos para volver a casa e continuar cunha recuperación na unidade de lesionados medulares do Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC).
A Xunta de Galicia custeará a repatriación de Dacal, xa de alta hospitalaria tras un longo ingreso en Veracruz, México, no que tivo que afrontar ata catro operacións cirúrxicas dentro dun delicado estado de saúde.
Nun primeiro momento foi diagnosticado de dengue, pero o seu cadro empeorou cunha apendicitis, problemas na zona abdominal e cunha espondilodiscitis, unha infección no corpo vertebral que lle afectou á mobilidade das súas pernas.
A súa situación foi realmente complicada polo alto custo económico que supoñía o seu ingreso, o que provocou un torente de axudas desde a comarca.
Agora, tras experimentar unha melloría no seu estado de saúde, Gustavo Dacal poderá seguir coa súa recuperación preto dos seus familiares e amigos, despreocupándose ademais do custo dunha rehabilitación que asumirá o Servizo Galego de Saúde.
Na súa viaxe ata Galicia, o ex-deportista de Ponte Caldelas estará acompañado de persoal de enfermería.
Relacionadas:
-
Competir nos Xogos Paralímpicos, obxectivo de Gustavo Dacal tras regresar a España: "É un novo comezo en circunstancias diferentes"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Atletismo Rías Baixas crea unha sección de deporte adaptado e pide que se habilite unha especialidade no CGTD coordinada por Gustavo Dacal
Por Redacción |
-
Gustavo Dacal xa está Galicia para continuar o seu tratamento
Por Oskar Viéitez |
-
Ponte Caldelas recada 4.000 euros para axudar a Gustavo Dacal na súa recuperación
Por Redacción |
-
O CGTD acolle o control solidario para recadar fondos e axudar a Gustavo Dacal
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Medio milleiro de atletas apoiarán a Gustavo Dacal no control solidario do CGTD
Por Redacción |
-
A gala solidaria "Todos con Gustavo Dacal" celebrarase o venres 27 de xaneiro en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
A elite do deporte español grava un vídeo para apoiar e pedir axuda para Gustavo Dacal
Por Manu Otero |
-
Organizan unha gala benéfica para recadar fondos que custeen o tratamento de Gustavo Dacal en México
Por Redacción |
-
Gustavo Dacal: "Estou ben dentro das circunstancias. Nunca vou poder pagarvos todo o que estades a facer por min"
Por Diego Espiño |
-
Gustavo Dacal supera unha "operación decisiva" en México, onde permanece hospitalizado
Por Diego Espiño |
-
O ex-atleta Gustavo Dacal, hospitalizado en estado grave en México tras contaxiarse de dengue
Por Diego Espiño | Creada e actualizada