O Concello de Vilaboa felicita o Náutico de Cobres polos seus grandes resultados
O Concello de Vilaboa felicita o Club Náutico de Cobres polos excelentes resultados acadados a fin de semana no Campionato Galego de 3.000 metros no que na categoría K4/C4 conseguiron o primeiro posto por clubs en Muller Infantil e o segundo en Muller Cadete.
Máis dunha treintena de deportistas desta modesta entidade deportiva conseguiron tamén postos destacados na clasificación final, nun campionato no que o club participou en Castrelo de Miño con preto de medio centenar de deportistas con idades comprendidas entre os 9 e os 20 anos, agás os participantes na categoría senior.
O alcalde de Vilaboa, César Poza, trasladou á directiva da entidade deportiva a súa felicitación por este inicio de temporada e animou o grupo de persoas voluntarias a continuar traballando para que os hábitos deportivos e saudables sexan unha opción cercana para a poboación máis nova do municipio.
O alcalde explica que “é un orgullo para todos nós comprobar como tempada tras tempada o Club Náutico de Cobres forma deportistas que crean equipo co entorno natural de Vilaboa como nexo”.
O Club Náutico de Cobres nace en 1983 para iniciar sobre todos os mozos na práctica do piragüismo en Vilaboa e, dende entón, adestra alevíns, infantís, cadetes, xuvenís e senior que participan nas diferentes competicións organizadas tanto pola Federación Galega e Española como polos clubs.