O torneo de benxamíns Cidade de Vilagarcía regresa con invitados da talla do Real Madrid, Atlético, Athletic Club, Celta, Porto ou Sporting de Lisboa
Por Redacción
Celta, Dépor, Athletic Club e Sporting de Braga son os últimos equipos que confirmaron a súa participación na novena edición do Torneo Internacional Benxamín Cidade de Vilagarcía que o Arosa volve organizar tras o final da pandemia.
O cartel, que aínda non está pechado, xa contaba coa presenza confirmada doutras prestixiosas canteiras do fútbol europeo como a do Real Madrid, Atlético de Madrid, FC Porto e Sporting de Lisboa. Ademais, desde o comité organizador avisan que haberá novos anuncios antes da presentación oficial do campionato, prevista para o 16 de marzo no Pazo de Rubiáns, acto na que se homenaxeará ao padriño do evento, Juan Cambre.
O Arosa retoma a organización desta competición, que celebrará a súa novena edición, tres anos despois do parón obrigado pola pandemia. O evento celebrarase en dúas fases. A primeira será clasificatoria e levará a cabo nas instalacións do Manuel Jiménez e o estadio de Fontecarmoa os días 6 e 7 de abril (xoves e venres de Semana Santa). Nesta rolda preliminar participarán equipos de Galicia e doutras comunidades autónomas. Clasificaranse para a fase final os dous mellores de cada xornada
A fase final está prevista para os días 2,3 e 4 de xuño. Os catro equipos benxamíns clasificados na previa, ademais do Arosa como anfitrión, mediranse a canteiras de grandes clubs nacionais e internacionais.
Juan Cambre, exxogador do Arousa e do Leixoes SCF, será o padriño desta novena edición.
Relacionadas:
-
New York City, Servette de Suíza e Copenhague, novidades do Torneo Alevín AF7
Por Redacción |
-
Vilagarcía renovará este ano a herba artificial do campo de fútbol e rugby Manuel Jiménez
Por Redacción |
-
O mellor fútbol alevín de Galicia gaña protagonismo por Semana Santa
Por Redacción |
-
O Arosa suspende o seu torneo internacional de fútbol base pola pandemia
Por Redacción |
-
Atlético de Madrid e Porto súmanse do III Torneo Cidade de Vilagarcía de fútbol benxamín
Por Redacción |